Akka Mahadevi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Akka Mahadevi
Akkamahadevi Udathadi.JPG
Nacementoc. anos 1130xuliano
 Udutadi
Falecementoséculo XI
RelixiónHinduísmo
Ocupaciónfilósofa, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Akka Mahadevi ( en kanarés: ಅಕ್ಕ ಮಹಾದೇವಿ), nada en Udutadi no século XII, foi unha poetas da literatura kanaresa e unha destacada mística da corrente lingayat hinduísta. O termo Akka ("Irmá máis vella") é un título honorífico, que lle deron grandes santos lingayta como Basavanna, Siddharama e Allamaprabhu. No seo da literatura kanaresa e na historia de Karnakata está considerada unha muller digna de exemplo e no seo do hinduísmo goza da consideración de santa[1].

Un murti de Akka Mahadevi nun templo da súa localidade natal

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Akka Mahadevi naceu na localidade de Udutadi[2], preto Shivamogga no actual estado indio de Karnataka[3] no século XII. Pouco é o que se sabe de certo sobre da súa vida, aínda que hai numerosas tradicións populares e haxiografías mitolóxicas, e tamén hai referencias persoais nos seus versos, e así hai constancia que deixou o seu lugar de nacemento e familia para seguir a Shiva. A tradición faina filla dunha parella, Nirmalshetti e Sumati, devota de Shiva[4]. Outras crenzas populares como que rexeitou casar co rei xainista Kaushika para cumprir as demandas da devoción cara á divindade[3] son ambiguas e non son concluíntes[5]. Nun dos seus vacana establece tres condicións para casar o rei, e inclúe o control de elixir pasar o seu tempo na devoción ou en conversa con eruditos doutos na relixión en vez de co rei[4]. O poeta medieval Harihara suxeriu na súa biografía que o seu matrimonio foi puramente nominal mentres outras tradicións afirman que non se aceptaron as súas condicións e non casou.

Segundo o relato tradicional de Harihara ao violar o rei Kaushika as condicións do matrimonio, Mahadevi deixou o palacio e renunciou a todas as súas posesións, incluíndo a roupa, para viaxar a Srisailam, o fogar do deus Shiva[4]. Outras versións afirman que a súa marcha foi unha resposta ás ameazas do rei logo dela refugar a súa proposta[6]. Quizais visitou a cidade de Kalyana, onde coñeceu a outros dous poetas e figuras prominentes do movemento lingayat, Allama e Basava[3] e seica viaxou no cabo da súa vida ás montañas Srisailam, onde viviu como un asceta e, finalmente, morreu. Un vacana atribuído a Akka Mahadevi suxire que, ao chegarlle o final ao rei Kaushika visitouna alí na procura do seu seu perdón. Na iconografía hinduísta represéntase espida, só cuberta polo seu longo cabelo[7].

Obra[editar | editar a fonte]

Está considerada unha das grandes santas místicas da India xunto con Andal e Mīrābāī[8]. As súas obras, como moitas dos poetas do movemento bhakti, pódense rastrexar a través do uso da súa ankita, ou o nome polo que se dirixían á figura da súa devoción[3]. Mahadevi emprega a forma Chennamallikarjuna para se referir ao deus Shiva que se pode traducir de diferentes xeitos, a tradución máis coñecida é a de A. K. Ramanujan, que o interpreta como "Señor, abrancazado coma o xasmín'. Unha traduciónn mais literal sería 'O fermoso Arjuna de Mallika', segundo Tharu e Lalita.[3].

Pola súa ankita asígnanse arredor 350 poemas ou vacanas (poemas místicos en prosa) a Akka Mahadevi[3]. Os seus son poemas cun fondo lirismo nos que con frecuencia utiliza a metáfora dun amor ilícito ou adúltero para describir a súa devoción á Chennamallikarjuna e procura de xeito activo unha relación persoal con Shiva, e toca temas como o abandono, o amor carnal e a separación. As súas composición, directas e francas, son poéticas sen ser poesía e son espirituais sen ser relixiosas[9]; descríbense como a personifiación dunha ilexitimidade radical que reexamina o papel das mulleres como actores con iniciativa e vontade propia que colidían coas institucións sociais e mais as tradicións establecidas[3]. Ás veces, emprega fortes imaxes sexuais para representar a unión entre o devoto e o obxecto de devoción.[10] As súas obras cambiaron a percepción da identidade sexual, así un vacana suxire que a creación, ou o poder do deus Shiva é masculino mentres que toda a creación, mesmo os homes, representan o feminino[5]. Nalgunhas vacanas descríbese tanto feminina como masculino.

Como o conxunto dos poetas bhakti, as súas obras tocan sobre temas de alienación: tanto do mundo material como das expectativas sociais e costumes asociados ás mulleres[5]. Vendo as relacións con homes mortais como insatisfatorios, Akka Mahadevi descríbeos como espiños que se agochan baixo lenes follas, indignos de confianza.

Ademais de vacanas escribiu algunhas cancións e dous breves escritos, Mantrogopya e en Yogangatrividhi narra, nunha linguaxe críptica, as diversas fases da iluminación espiritual[11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hegde, Manjushree (xullo/setembro de 2014). "Hindu Saints: Akka Mahadevi's Complete Surrender". Hinduism Today. 
  2. G. Ramakrishna, N. Gayathri e Debiprasad Chattopadhyaya (1983). An Encyclopaedia of South Indian Culture. K.P. Bagchi. p. 9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Tharu, Susie J. e Lalita, Ke (1991). Women Writing in India: 600 B.C. to the Early Twentieth Century. Feminist Press at CUNY. pp. 78–79. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mudaliar, Chandra Y (1 de xaneiro de 1991). "Religious Experiences of Hindu Women: A Study of Akka Mahadevi". Mystics Quarterly 17 (3): 137–146. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Ramaswamy, Vijaya (xaneiro de 1992). "Rebels — Conformists? Women Saints in Medieval South India". Anthropos 87 (1/3): 133–146. JSTOR 40462578. 
  6. Michael, R. Blake (xaneiro de 1983). "Women of the Śūnyasaṃpādane: Housewives and Saints in Vīraśaivism". Journal of the American Oriental Society 103 (2): 361–368. JSTOR 601458. doi:10.2307/601458. 
  7. Constance Jones e James D. Ryan (2006). Encyclopedia of Hinduism. Facts On File. p. 22. 
  8. V. K. Subramanian (2006). 101 Mystics of India. Abhinav. p. 73. 
  9. Shivaprakash, H. S. (2017). "Foreword". En Vinaya Chaitanya. Songs for Siva: Vacanas of Akka Mahadevi. Harper Collins. 
  10. Ramaswamy, Vijaya (xaneiro de 1996). "Madness, Holiness, Poetry : The Vachanas Of Virasaivite Women". Indian Literature 39 (3 (173)): 147–155. 
  11. K. Ayyappa Paniker (1997). Medieval Indian Literature: An Antology I. Sahitia Akademi. p. 178.