Akimiski
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
Localizado na área protexida | Akimiski Island Migratory Bird Sanctuary (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Baía de James | ||||
Características | |||||
Altitude | 15 m | ||||
Dimensións | 40,7 () × 99,3 () km | ||||
Superficie | 3.001 km² | ||||
A Illa Akimiski (Akimiski Island) é a illa máis grande da Baía de James (área sueste da Baía de Hudson), Canadá, que forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 3.001 km² , o que a fai ocupar o lugar 164ª do mundo e 29ª do Canadá.
A illa está deshabitada, só edificacións para científicos e funcionarios do Santuario de Paxaros Migratorios da Illa Akimiski, establecido en 1941. A superficie de Akimiski é plana, con ladeiras orientadas gradualmente cara ao norte. A maior parte da vexetación que cobre a illa componse de líquens, brións, herbas Cyperaceaes e abetos negros ananos. A metade oriental da illa é un santuario de aves migratorias. A illa é unha zona húmida costeira que inclúe marismas, pantanos de marea, e marismas de marea. Algúns arroios de auga doce que desembocan no suroeste da Baía de James levan como sedimentos abundantes nutrientes que axudan a manter o produtivo hábitat das aves acuáticas ao redor da Illa Akimiski.
Natureza
[editar | editar a fonte]A Illa Akimiski é o fogar dun dos Santuarios de Aves Migratorias.Véxase lista de aves do parque en: [1][Ligazón morta] As augas costeiras e as zonas húmidas de Illa Akimiski (e da Baía de James, en xeral) son importantes áreas de alimentación para moitas variedades de aves migratorias. A Baía de James e a Baía de Hudson teñen forma de embude e iso é a causa de que a migración de aves desde o Ártico tenda a concentrarse neste ámbito. Durante a migración do outono, existe unha abundancia de aves, tanto adultas como novas. Na primavera, as aves tenden a residir nas zonas meridionais da Baía de James ata a sección norte en desxeo. O Grupo da Illa Akimiski inclúe as illas de Akimiski, Gasket e illas Gullery; Albert Shoal e as illas do Estreito de Akimiski.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blaney, C S, e P M Kotanen. 2001. "Articles - The Vascular Flora of Akimiski Island, Nunavut Territory, Canada". The Canadian Field-Naturalist. 115, no. 1: 88.
- Hill, Michael Robert John. Factors Influencing Pre- and Post-Fledging Growth and Survival of Canada Goose Goslings on Akimiski Island, Nunavut. Ottawa: National Library of Canada = Bibliothèque nationale du Canada, 2000. ISBN 0612425274
- Martini, I. P. Sedimentary Geology of Akimiski Island, Canada. Sedimentary geology, v. 37, no. 4. Amsterdam: Elsevier, 1984.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NASA Photo : "STS085-713-070 Akimiski Island"