Akihiko Hoshide
Akihiko Hoshide | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de decembro de 1968 (54 anos) |
Lugar de nacemento | Setagaya, Toquio, ![]() |
Nacionalidade | Xaponés |
Alma máter | Universidade de Houston, Universidade Keio, Meikei Gakuen Junior and Senior High School e United World College of South East Asia |
Ocupación | Astronauta, enxeñeiro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Akihiko Hoshide (星出 彰彦 Hoshide Akihiko?), nado en Setagaya, Toquio o 28 de decembro de 1968, é un enxeñeiro e astronauta xaponés da JAXA. O 30 de agosto de 2012, Hoshide converteuse no terceiro astronauta xaponés en camiñar no espazo.[1]
Carreira de astronauta[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1999, Hoshide foi seleccionado pola NASDA (hoxe JAXA) como un dos tres astronautas xaponeses candidatos da Estación Espacial Internacional (EEI). Comezou o programa de adestramento básico da EEI en abril de 1999 e converteuse en astronauta en xaneiro de 2001. Dende abril de 2001, participou no adestramento avanzado da EEI, e ademais colaborou no desenvolvemento do sistema de hardware do Módulo Experimental Xaponés Kibō e no vehículo de transferencia H-II (VTH).
En maio de 2004, completou o seu adestramento como enxeñeiro de voo da Soiuz-TMA no Centro de Adestramento de Cosmonautas Iuri Gagarin en Star City, Rusia, e despois trasladouse ó Centro Espacial Lyndon B. Johnson. Asemade, completou o adestramento de candidato a astronauta da NASA e foi asignado á tripulación do STS-124, o segundo dos tres voos que lanzaron compoñentes á Estación Espacial Internacional para completar o laboratorio Kibō en maio de 2008.
Despois de regresar á Terra STS-124, Hoshide dedicouse a dar charlas a estudantes sobre a súa misión espacial. Visitou colexios como o Assumption St. Bridget School e o Instituto Thomas Jefferson de Ciencia e Tecnoloxía.
Posteriormente volvería á Estación Espacial Internacional o 15 de xullo de 2012 na Soiuz TMA-05M. Durante a súa estadía, gravou a primeira actuación de voz no espazo para un cameo no episodio 31 da serie de animación Space Brothers, que se estreou o 4 de novembro de 2012.[2][3]
O seu selfie espacial de 2012 converteuse no máis famoso dos listados no 2013.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ William Harwood (30 de agosto de 2012). "Spacewalkers run into major snag replacing power unit". Spaceflight Now. Consultado o 1 de setembro de 2012.
- ↑ "Astronaut Hoshide to Record Space Brothers Cameo from Space". Anime News Network. 14 de xullo de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ "Astronaut Successfully Dubs Space Brothers Anime From Space". Anime News Network. 8 de outubro de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012.
- ↑ "Seven of the best selfies you will see today: As selfie is named word of the year, we round up seven of the best". Metro. 19 de decembro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2013.
- ↑ "Obama caught snapping 'funeral selfie': Craziest selfies of all time". NY Daily News. Consultado o 27 de decembro de 2013.