Akho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAkho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1600/1615
Gujarat Editar o valor em Wikidata
Morte1655/1675
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua guxaratí Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Akha Bhagat, máis coñecido como Akho[1]; c. 1615 – c. 1675, foi un poeta medieval gujarati que escribiu na tradición do movemento hinduísta bhakti. Os seus poemas están nunha forma literaria denominada chhappa (poemas satíricos de seis estrofas).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se coñece exactamente nin a súa data de nacemento nin a do seu falecemento, viviu entre 1615 e 1675[2] ou entre 1600 e 1655[1]. Era ourive de profesión e da casta soni e viviu primeiro en Jetalpur[3], nas proximidades de Ahmedabad, e máis tarde aveciñouse en Ahmedabad. A súa residencia nesa cidade era unha pequena sala en Desaini Pol en Khadia que se coñece como Akha no ordo (literalmente, "Un cuarto de Akha"). Foi discípulo de Gokulnath, neto de Vallabha. Na súa obra expresa as súas experiencias e sentimentos en chhappa, transformando a súa filosofía en verso. Escribiu 746 chappas[4].

Obras[editar | editar a fonte]

Está considerado o máis importante poeta da literatura gujarati medieval. Entre as súas obras salientan Panchikarana (1645; sobre os cinco elementos), Gurushishyasamvada (1645; un diálogo entre un profesor e un alumno) e Akhegita (1649), considerada a súa obra máis importante, divídese en corenta kadavuns (seccións) e trata do bhakti (culto) e jnana (coñecemento) e representa o cumio da poesía filosófica en gujarati[5]. Outras obras súas, das que non se coñece a data, son Chittavichar Samvada, Santona Lakshano, Anubhav Bindu ("Unha pinga de experiencia"), Avasthanirupan', Kaivalya Gita, así como varios pada (poemas) e chhappa[3]. Os seus chhappa, poemas de seis estrofas, están cheos de humor e achegan comentarios metafóricos sobre diferentes aspectos da espiritualidade e a vida humana[3] e foron esas composicións as que o converteron nunha figura popular[6].

Tamén escribiu algunhas obras en hindi[2] como Santapriya, Brahma-lila ou Jakadi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Amaresh Datta (1987). "Akho". Encyclopaedia of Indian Literature. I: A-Devo. Sahitya Akademi. p. 118. 
  2. 2,0 2,1 Ganga Ram Garg (1992). Encyclopaedia of the Hindu World. Concept. p. 82. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Roshen Dalal. Hinduism: An Alphabetical Guide. Penguin UK. p. 151. ISBN 978-81-8475-277-9. 
  4. Behramji Malabari (1882). Gujarat and the Gujaratis: Pictures of Men and Manners Taken from Life. Asian Educational Services. p. 74. 
  5. K. Ayyappa Paniker, ed. (1997). Medieval Indian Literature: Surveys and selections. I- Medieval Indian Literature. Sahitya Akademi. 
  6. Achyut Yagnik (2011). Ahmedabad: From Royal City to Megacity. Penguin UK. p. 55.