Akari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akari (Astro-F)
Scale model of the Akari (ASTRO-F, 2006-005A) exhibited at Noshiro City Children's Center.jpg
Modelo a escala de Akari
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento21 de febreiro de 2006[1][2][3][4]
Foguete portadorM-V[2][5][6]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][5]
Obxectivo da misiónObservación no infravermello[2][5]
NSSDC ID2006-005A
Masa955 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7078,5 km[1]
Inclinación98,3 graos[1]
Apoapse713,7 km[1]
Periapse701,4 km[1]

Akari (あかり, en xaponés, Luz[5]), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor)[6], foi un observatorio espacial xaponés no infravermello pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).

Características[editar | editar a fonte]

Akari foi deseñado para observar no espectro infrraroxo. Para iso usa un telescopio Ritchey-Chretien cunha apertura de 67 centímetros e unha lonxitude focal de 420 centímetros. O espello primario é de carburo de silicio cun recubrimento de ouro. Leva dous instrumentos no plano focal arrefecidos a unha temperatura de 6 Kelvin mediante 170 litros de helio líquido. A cantidade de helio estaba calculada para durar 550 días de observacións.[2]

Os dous instrumentos do plano focal son:[7]

  • FIS (Far-Infrared Surveyor, explorador do infravermello distante): está deseñado para facer unha exploración completa do ceo no infravermello distante. O intrumento leva dous detectores formados por fotoconductores que usan semicondutores (xermanio e galio). Cada detector usa filtros, polo que en total o instrumento ten catro bandas de observación: de 50 a 80, de 60 a 110, de 110 a 180 e de 140 a 180 µm. O FIS tamén se usa para observacións dirixidas para a detección de obxectos febles ou para facer espectroscopía mediante un espectrómetro de transformada de Fourier.
  • IRC (InfraRed Camera, cámara infravermella): está composta por tres sístemas independentes. Unha avantaxa da IRC é que pode observar un campo de 10 minutos de arco cadrados grazas ó uso de matrices de gran formato (512x412 para NIR e 256x256 para MIR). Cada cámara pode seleccionar unha banda concreta de observación grazas ó uso de filtros, ademais de poder realizar observacións espectroscópicas mediante prismas e rexillas. As tres cámaras que compoñen a IRC son:
    • NIR: é unha cámara que observa no infravermello próximo, entre 1,5 e 5,5 µm.
    • MIR: observa no rango entre 5,8 e 14,1 µm.
    • MIR-L: para as lonxitudes de onda entre 12,4 e 26,5 µm.

Resultados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "ASTRO F (AKARI)" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (8 de xullo de 2011). "Akari" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  3. "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-82185). 11 de abril de 2007: 3. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ASTRO-F / Akari" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 ESA, ed. (2011). "Europa se une a Japón en la próxima exploración del cielo infrarrojo" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astro F (IRIS, Akari)" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  7. JAXA, ed. (2005). "Focal Plane Instruments" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  8. JAXA/ISAS/LIRA, ed. (28 de novembro de 2008). "AKARI (ASTRO-F) Results". Consultado o 18 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.