Aitor Aranzabe
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Aitor Aranzabe Etxabe 28 de xuño de 1998 Zaldibia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aitor Aranzabe Etxabe, nado en Zaldibia o 28 de xuño de 1998, é un futbolista vasco, que xoga como extremo esquerdo no Real Unión, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad, na que ingresou aos 15 anos.[1] Xogou co equipo xuvenil na División de Honra e na tempada 2017/18 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, equipo ao que pasou totalmente na seguinte tempada e ao que capitaneou.[2] Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Real Unión, da Segunda División B,[2] co que disputou 23 partidos, anotando un gol ante o Salamanca. De regreso en Vitoria, militou na Real Sociedad B, proclamándose campión do Grupo II da Segunda B e logrando o ascenso á Segunda División.
Xa desvencellado da Real, en 2021 fichou polo Tudelano, co que debutou na Primeira División RFEF, competición que celebraba a súa primeira edición, pero non puido manter a categoría. A continuación pasou ao Sestao River, da Segunda División RFEF, co que conseguiu o ascenso á Primeira RFEF como campión de grupo. Contribuíu cun total de 32 partidos e 2 goles, e o seu contrato foi renovado por dúas tempadas máis.[3]
Continuou como titular indiscutible na categoría de bronce, disputando un total de 39 encontros encontros na tempada, 36 deles saíndo dende o inicio, e anotou 6 goles. En xuño de 2024 anunciouse o seu regreso ao Real Unión, da mesma categoría.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aitor Aranzabe e Iñaki Recio han sido presentados" (en castelán). 12 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- 1 2 "Aranzabe y Recio, cerca de llegar al Real Unión procedentes de la Real" (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ Olazabal, Peru (28 de xuño de 2023). "Se despeja la última incógnita del Sestao River" (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023.
- ↑ "Aitor Aranzabe firma con el Real Unión" (en castelán). 3 de xullo de 2024. Consultado o 4 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web da Real Sociedad (en castelán)
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán)