Ainhoa Lameiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAinhoa Lameiro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAinhoa Lameiro Rodríguez
Biografía
Nacemento21 de setembro de 2000
Salceda de Caselas
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo en slálom
Disciplina deportivaSlálom Editar o valor em Wikidata
Membro do equipo deportivoClub Piragüismo Penedo

Ainhoa Lameiro Rodríguez, nada en Salceda de Caselas o 21 de setembro de 2000,[1] é unha deportista galega, que compite en piragüismo na modalidade de slálom.

En 2019 proclamouse subcampioa do mundo ao gañar a prata na proba de C1 por equipos do Campionato Mundial de Piragüismo en Slálom.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no piragüismo aos 12 anos e entrou no Club Piragüismo Penedo de Tui, primeiro na modalidade de pista e pouco despois en augas bravas. No seu segundo ano proclamouse campioa de España da súa franxa de idade e aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estivo catro anos[1]

Participou en varios Europeos e Mundiais júnior logrando un bronce en 2018 xunto a Pau Echaniz no Mundial júnior en Ivrea (Italia), na categoría de C2 mixto.[2] En 2019 competiu no Campionato Mundial sub-23 e debutou internacionalmente na categoría absoluta no Campionato Europeo celebrado en Pau, onde finalizou sétima no C1 feminino por equipos.[3]

En setembro de 2019, no Campionato Mundial en La Seu d'Urgell, logrou a medalla de prata en C1 por equipos, xunto a Nuria Villarrubla e Klara Olazabal.[4] Nese mesmo Mundial participou tamén en C2 mixto, xunto a Pau Echaniz, finalizando en oitava posición.[5]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2019 España La Seu d'Urgell Medalla de prata Prata C1 por equipos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ainhoa Lameiro, la pionera que abrió un nuevo paso entre las aguas al piragüismo gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  2. "Campionato Mundial Júnior 2018" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  3. "Campionato de Europa Pau 2019" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  4. "Ainhoa Lameiro y Luis Fernández logran dos platas históricas para Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 25 de setembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados Seu d'Urgell 2019" (PDF). CanoeSlalom (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]