Agnès Sorel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1422 (Gregoriano) castelo de Fromenteau, Francia |
Morte | 9 de febreiro de 1450 (27/28 anos) Le Mesnil-sous-Jumièges, Francia |
Causa da morte | intoxicação por mercúrio (pt) |
Lugar de sepultura | Collégiale Saint-Ours de Loches (en) (2005–) |
Outros nomes | Dame de Beauté |
Actividade | |
Ocupación | dama de compañía, amante real (pt) , modelo artístico |
Familia | |
Parella | Carlos VII de Francia |
Fillos | Marie de Valois, Carlota de Valois, Jeanne de Valois |
Pais | Jean Soreau e Catherine de Maignelais |
Parentes | Antoinette de Maignelais, curmá Jeanne de Maignelais, curmá |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Agnes Sorel |
Agnès Sorel, nada en 1422[1][2] e finada o 9 de febreiro de 1450, coñecida polo alcume Dáme de beauté, foi a amante favorita do rei Carlos VII de Francia, con quen tivo tres fillas. É considerada a primeira amante real recoñecida de maneira oficial.
Foi o suxeito de numerosas obras de arte contemporáneas, incluíndo a soada obra de Jean Fouquet A virxe co neno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do soldado Jean Soreau e de Catherine de Maignelais, Sorel tiña vinte anos de idade cando foi presentada por primeira vez ó rei Carlos. Nese momento, ocupaba unha posición na residencia de Renato I de Nápoles, como dama de compaña da súa consorte Sabela de Lorena. Máis tarde, comezou a servir a María de Anjou, a esposa de Carlos VII, de quen se convertería en amante pouco tempo despois.[1] O rei deulle o Castelo de Loches (onde Xoana de Arco o convencera de coroarse rei de Francia) para que fose a súa residencia privada.[3]
Pouco tempo despois, requiriuse a súa presenza en Chinon, onde ó parecer a súa compañía sacara ó rei dunha profunda depresión. Tiña unha grande influencia sobre o monarca, que, sumada ós seus gustos extravagantes, valeulle varios inimigos poderosos na corte.[3] Sorel converteuse na primeira amante real recoñecida de maneira oficial.[1]
Legado
[editar | editar a fonte]Sorel é unha das personaxes principais do poema La Pucelle, de Voltaire. Tamén é o suxeito de dúas óperas rusas de finais do século XIX, xunto con Carlos VII: A doncela de Orleáns, de Petr Ilich Chaikovskii, e The Saracen de César Cui. É unha das mulleres representadas no traballo artístico The Dinner Party, de Judy Chicago, que inclúe 999 nomes de mulleres salientables da historia.[1] Dúas pezas de roupa usan o nome Sorel: o corsé Agnes Sorel, o corsage Sorel e un estilo de moda tamén nomeado por ela, o estilo Agnes Sorel, que se usa para describir unha forma de vestir "de princesa".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Agnes Sorel". Elizabeth A. Sackler Center for Feminist Art: The Dinner Party: Heritage Floor:Agnes Sorel. Brooklyn Museum. 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ 1911 Encyclopædia Britannica/Sorel, Agnes. 1911.
- ↑ 3,0 3,1 Editions Montparnasse. "France, la visite (DVD)". Editions Montparnasse. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2005. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ Valerie Cumming; P. E. Cunnington; C. W. Cunnington (1 de setembro de 2010). The Dictionary of Fashion History. Berg. p. 2. ISBN 978-1-84788-738-2. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Autheman, Marc, Agnès Sorel: l'inspiratrice. (2008). ISBN 978-2-84114-952-0
- Desmondes, Tim. Agnes Sorel: The Breast And Crotch That Changed History. Austin: The Nazca Plains Corporation (2009). ISBN 1-934625-71-X
- Duquesne, Vie et Aventures galantes de la belle Sorel. París (1909)
- Goldsmid, Edmund. A King's Mistress: Or, Charles Vii. & Agnes Sorel and Chivalry in the Xv. Century, Volumes 1-2. Charleston: Nabu Press (2010). ISBN 1-146-95205-8