Affonso Reidy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1909 París, Francia |
Morte | 10 de agosto de 1964 (54 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Escola de Belas Artes da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , pintor , urbanista |
Lingua | Lingua portuguesa |
Affonso Eduardo Reidy, nado en París en 1909 e finado en Río de Xaneiro en 1964, foi un arquitecto francés que se viviu no Brasil. Reidy formou parte dunha xeración de arquitectos liderados por Lúcio Costa, que modificaron e modernizaron a arquitectura brasileira. Dita renovación é denominada ‘o período heroico’, e tivo un grande impacto na arquitectura contemporánea brasileira.[1]
Reidy foi un dos arquitectos que desenvolveu o proxecto do albergue de Boa Vontade. Foi arquitecto xefe de Río de Xaneiro, e baixo a súa dirección en 1932, realizouse o desmonte do morro Santo Antonio. Entre as súas obras cóntanse o enterramento da avenida Beira-Mar, o túnel Rio-Comprido-Lagoa, o Museo de Arte Moderna e o edificio da policía municipal.[2]
Traballou como profesor de urbanismo na Facultade Nacional de Arquitectura. En 1954 proxecta o Museo de Arte Moderna de Río de Xaneiro, obra de concepción estrutural vangardista. Foi galardoado co primeiro premio da exposición da Primeira Bienal de San Pablo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Affonso Eduardo Reidy. Nabil Bonduki (2018). 216 pax. ISBN 972831146X, ISBN 9789728311469
- ↑ The Works of Affonso Eduardo Reidy. K Franck (1960) ASIN: B000KVB55S
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Affonso Reidy |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BRUAND, Yves; Arquitetura contemporânea no Brasil; São Paulo: Editora Perspectiva, 2002, ISBN 85-273-0114-8
- "Affonso Reidy" Enciclopedia Encarta Online. 2008. Microsoft (en castelán).