Afeni Shakur
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Afeni Shakur | |
---|---|
![]() Afeni Shakur en abril de 2008 | |
Nome de nacemento | Alice Faye Williams |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1947 e 22 de xaneiro de 1947 |
Lugar de nacemento | Lumberton |
Falecemento | 2 de maio de 2016 |
Lugar de falecemento | Sausalito |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Ocupación | activista e empresaria |
Cónxuxe | Lumumba Shakur e Mutulu Shakur |
Fillos | Tupac Shakur e Sekyiwa Shakur |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Afeni Shakur, nacida o 10 de xaneiro de 1947 como Alice Faye Williams en Lumberton, Carolina do Norte foi unha importante figura do Partido Pantera Negra e nai do rapeiro Tupac Shakur.
O seu papel dentro da organización foi crucial, xa que fixo crer ao FBI, a través de artigos na prensa interna dos Panteras Negras que estes xa non existían, mentres aumentaban o seu número de militantes e a súa capacidade de acción. Anos despois sería encarcerada por reter información en relación ao grupo "Pantera 21". Tamén sería xulgada pola planificación dun atentado, aínda que no xuízo, onde se defendeu a si mesma, non se atoparon probas para condenala.
Despois do nacemento do seu fillo Tupac casou con Mutulu Shakur e converteuse ao islam. Mutulu converteríase no pai adoptivo de Tupac.
Tras a morte de Tupac Shakur en 1996 Afeni converteuse na tesoureira do seu legado musical e cultural. Para eses fins fundou en 1997 a Fundación Tupac Amaru Shakur, que inviste en programas dedicados á mocidade.