Saltar ao contido

Afelénquidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afelénquidos
Aphelenchida
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Secernentea
Orde: Aphelenchida
Siddiqi, 1980
Familias
Vexase o texto

A dos afelénquidos (Aphelenchida) é unha orde moderadamente grande de nematodos da clase dos secernénteos.

Moitas das súas especies son parasitas de insectos, de plantas ou de fungos.

Son cosmopolitas.

Características

[editar | editar a fonte]

Os afelénquidos teñen un estilete para a alimentación e un bulbo mediano moi destacado no esófago. Algúns están asociados a insectos dos que poden seren ectoparasitos ou endoparasitos, ou simplemente usar o insecto como medio de transporte. Outros están asociados a órganos das plantas, como raíces, caulea, ou follas , dos que son parasitos que poden serrn patóxenos para a planta ou non. Aínda hai outros asociados con fungos, e algúns viven libremente. Pode haber unha considerable plasticidade dos hábitos de alimentación dentro das especies, que implica case calquera combinación das categorías enumeradas anteriormente. Ás veces, diferentes hábitos de alimentación implican fases morfoloxicamente distintas, pero poden implicar só diferenzas de comportamento e ás veces dependen só da dispoñibilidade inmediata de diferentes alimentos. Algúns dos seus ciclos de vida dependen do ciclo de vida dos seus hospedeiros. Os que se alimentan de fungos poden ter ciclos de vida de até 5 días.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A orde comprende as seguintes familias:[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]