Aeroporto de Wellington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Wellington
Wellington International Airport

IATA: WLG – ICAO: NZWN
Sumario
Tipo público
Operador Wellington International Airport Ltd
Cidade/Illa Wellington
Elevación (msnm) 13 metros / 42 pés
Coordenadas Coordenadas: 41°19′44″S 174°48′42″L / -41.328969, 174.811682
Web wellingtonairport.co.nz
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 2 081 6 827 betume acalanado
Estatísticas (2016-2017)
Pasaxeiros 6 049 194[1]

O aeroporto internacional de Wellington (IATA: WLGOACI: NZWN), anteriormente coñecido como aeroporto de Rongotai, é un aeroporto situado no suburbio de Rongotai da cidade de Wellington, a capital de Nova Zelandia. Atópase a 5,5 quilómetros ao sueste do centro da cidade. É un centro de conexións para Air New Zealand e as súas subsidiarias. Wellington International Airport Limited, unha empresa conxunta formada entre Infratil e o Consello da cidade de Wellington, opera o aeroporto.

Wellington é o terceiro aeroporto máis concorrido de Nova Zelandia (despois de Auckland e Christchurch) sendo usado por un total de 6 049 194 pasaxeiros no ano que rematou o 31 de marzo de 2017.[1] O aeroporto, ademais de unir moitos destinos de Nova Zelandia con aeroliñas nacionais e rexionais, tamén ten voos cara a grandes cidades no leste de Australia. É tamén fogar dalgúns pequenos negocios de aviación xeral, incluído o Aero Club de Wellington.

O aeroporto ocupa unha superficie de 110 hectáreas[2] nunha pequena parte do istmo de Rongotai, un tramo de terras baixas entre o propio Wellington e a peníncula de Miramar. Ten unha única pista de 2 081 metros con ILS en ámbalas dúas direccións.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air Chathams Chatham Islands
Air New Zealand Auckland, Christchurch, Dunedin, Melbourne, Queenstown, Sydney
Estacional: Nadi
Air New Zealand Link
operado por Air Nelson
Blenheim, Christchurch, Gisborne, Hamilton, Invercargill, Napier, Nelson, New Plymouth, Palmerston North, Rotorua, Tauranga, Timaru
Air New Zealand Link
operado por Mount Cook Airline
Christchurch, Dunedin, Hamilton, Napier, Nelson, New Plymouth, Queenstown, Tauranga
Fiji Airways Nadi[3]
Golden Bay Air Takaka[4]
Jetstar Airways Auckland, Christchurch, Dunedin,[5] Gold Coast
Jetstar Airways
operado por Eastern Australia Airlines
Nelson[6]
Qantas
operado por Jetconnect
Melbourne, Sydney
Singapore Airlines Canberra, Singapur
Sounds Air Blenheim, Nelson, Picton, Taupo,[7] Westport
Tauck Tours
operado por Alliance Airlines
Chárter: Auckland, Blenheim[8][9]
Virgin Australia Brisbane

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wellington Airport (ed.). "Traffic Reports". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  2. Wellington Airport (ed.). "Wellington Airport: Frequently Asked Questions". Archived from the original on 28 de setembro de 2007. Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  3. Stuff (ed.). "New Wellington to Fiji flight announced". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  4. Golden Bay Air (ed.). "Golden Bay Air Scheduled Flights". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  5. Otago Daily Times (ed.). "Jetstar adds Dunedin-Wellington service". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  6. New Zealand Herald (ed.). "Jetstar's new routes: Nelson, Napier, New Plymouth and Palmerston North make the cu". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  7. 3rd Level New Zealand (ed.). "Wellington-Taupo service starts on 2 June". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  8. Tauck (ed.). "Spotlight on New Zealand". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  9. Alliance Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 10 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]