Aeroporto de Molde, Årø
Aeroporto de Molde, Årø Molde lufthavn, Årø
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | público | ||
Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Molde | ||
Localización | Årø | ||
Elevación (msnm) | 3 metros / 10 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07/25 | 2 220 | 7 283 | asfalto |
Estatísticas (2014) | |||
Pasaxeiros | 481 406 |
O aeroporto de Molde, Årø (IATA: MOL, OACI: ENML) é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Molde. Está situado en Årø, na ribeira do Moldefjord, a 5 quilómetros ao leste do centro de Molde. A área de captación do aeroporto cobre o distrito de Romsdal.
O aeroporto conta cunha única pista de 2 220 metros de longo e 45 de ancho, con aliñamento 07/25. É propiedade e está operado pola empresa estatal Avinor e durante o ano 2014 pasaron polas súas instalacións un total de 481 406 pasaxeiros.[1] Hai servizos regulares a Oslo operados por Scandinavian Airlines e Norwegian Air Shuttle, e a Bergen, Stord e Trondheim por Widerøe. Wizz Air voa a Gdańsk, o único servizo internacional regular, mentres que outras aeroliñas voan a destinos de lecer de forma estacional.
Aspropostas para un aeroporto que servise a Molde comezaron a discutirse en 1940, pero as cidades veciñas de Ålesund e Kristiansund finalmente tiveron prioridade. A construción das instalacións comezaron en 1969 e o aeroporto inaugurouse o 5 de abril de 1972. Braathens SAFE garantíu os servizos regulares, operados con Fokker F-27 e Fokker F-28, e posteriormente tamén polo máis grande Boeing 737. O goberno tomou o control da súa dirección en 1978.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Norwegian Air Shuttle | Oslo-Gardermoen |
Scandinavian Airlines | Oslo-Gardermoen Chárter estacional: Alacant, Chania |
Widerøe | Bergen, Stord, Trondheim Estacional: Oslo-Gardermoen[2] |
Wizz Air | Gdańsk |
Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Iceland | Akureyri |
West Air Sweden | Oslo-Gardermoen |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avinor (ed.). "Månedsrapport". Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Widerøe Adds New Oslo Nonstop Domestic Routes from June 2016". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2018.