Aeroporto de Cairns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Cairns
Cairns Airport

IATA: CNS – ICAO: YBCS
Sumario
Tipo público
Operador North Queensland Airports Group
Cidade/Illa Cairns
Localización Aeroglen
Elevación (msnm) 3 metros / 10 pés
Coordenadas Coordenadas: 16°53′09″S 145°45′19″L / -16.885833333333, 145.75527777778
Web http://cairnsairport.com.au/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
15/33 3 156 10 354 asfalto
Estatísticas (2016-2017)
Pasaxeiros 4 898 189[1]

O aeroporto de Cairns (IATA: CNSOACI: YBCS) é un aeroporto internacional australiano en Cairns, Queensland. Anteriormente operado pola Cairns Port Authority, o aeroporto foi vendido polo goberno de Queensland a un consorcio privado en decembro de 2008. É o sétimo aeroporto máis concorrido de Australia. Está situado a 4,3 quilómetros ao norte de Cairns, no suburbio de Aeroglen.

O aeroporto ten voos directos a 18 destinos internacionais e 30 domésticos e moitos voos de aviación xeral, incluídos varios operadores de helicópteros. Hai voos a todas as grandes cidades australianas e aos principais destinos turísticos do país, a comunidades rexionais no norte de Queensland e a varios destinos internacionais na rexión Asia-Pacífico. O aeroporto foi a base principal de Australian Airlines ata o seu cesamento de operacións en xuño de 2006. Tamén é unha base para o Royal Flying Doctor Service de Australia e para os helicópteros de busca e rescate do servizo de emerxencias do estado.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos Refs.
Air New Zealand Estacional: Auckland[2]
Air Niugini Moro, Port Moresby, Rabaul
Airnorth Darwin, Gove, Toowoomba[3]
Alliance Airlines Chárter: Ayers Rock, Cloncurry, Groote Eylandt, Lawn Hill, Mount Isa, Townsville, Trepell
Asia Pacific Airlines Chárter: Tabubil
Cathay Pacific Hong Kong
China Eastern Airlines Estacional: Shanghai-Pudong
China Southern Airlines Cantón[4]
Hainan Airlines Shenzhen[5]
Hevilift Chárter: Lihir, Mount Hagen
Hinterland Aviation Cooktown, Dunk Island, Kowanyama, Lizard Island, Pormpuraaw
Hong Kong Airlines Hong Kong [6][7]
Jetstar Airways Adelaida, Brisbane, Darwin, Denpasar, Gold Coast, Melbourne, Osaca-Kansai, Perth, Sydney, Toquio-Narita
Jin Air Estacional: Seul-Incheon[8]
PNG Air Lihir, Port Moresby
Qantas Brisbane, Melbourne, Sydney
QantasLink
operado por Cobham
Alice Springs, Ayers Rock, Brisbane, Darwin
QantasLink
operado por Sunstate Airlines
Brisbane, Illa Hamilton, Horn Island, Mackay, Moranbah, Rockhampton, Townsville, Weipa
Regional Express Airlines Bamaga,[9] Burketown, Doomadgee, Karumba, Normanton, Mornington Island, Mount Isa, Townsville
SilkAir Singapur
Skytrans Aurukun, Bamaga, Coen, Horn Island, Kowanyama, Lockhart River, Pormpuraaw, Weipa
Tigerair Australia Brisbane,[10] Melbourne,[11] Sydney
Virgin Australia Brisbane, Melbourne, Sydney

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Qantas Freight Brisbane, Melbourne, Sydney
Toll Aviation Brisbane, Darwin, Sydney
Virgin Australia Cargo Brisbane, Melbourne, Sydney, Townsville

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BITRE (ed.). "Aviation Statistics". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  2. Routes Online (ed.). "Air New Zealand Converts Auckland – Cairns to Seasonal Service in 2014". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  3. Toowoomba Wellcamp Airport (ed.). "Destination: Melbourne and Cairns". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  4. Routes Online (ed.). "China Southern adds Cairns service from Dec 2017". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  5. Routes Online (ed.). "Hainan Airlines adds Shenzhen – Cairns from Dec 2017". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  6. Cairns Post (ed.). "Cairns Airport numbers reach record in July". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  7. Hong Kong Airlines (ed.). "Hong Kong Airlines to Launch Its First Thrice-weekly Service to Australia to Fly from Hong Kong to Gold Coast/ Cairns". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 19 de abril de 2018. 
  8. The Korea Herald (ed.). "Jin Air to launch Incheon-Cairns service". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  9. Australian Aviation (ed.). "Rex announces new Cape York route". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  10. Travel Weekly (ed.). "Tigerair focuses on Queensland". Consultado o 19 de abril de 2018. 
  11. Herald Sun (ed.). "Tiger Airways gets green-light for more flights". Consultado o 19 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]