Adrian Sherwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adrian Sherwood
Nome completoAdrian Maxwell Sherwood
Nacemento20 de xaneiro de 1958 (62 anos)
OrixeLondres Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónprodutor musical
Relacionado conMinistry, Tackhead, Suns of Arqa, Mark Stewart + The Maffia, Little Axe, The Process
Na rede
adriansherwood.com
editar datos en Wikidata ]

Adrian Maxwell Sherwood, nado o 20 de xaneiro de 1958 en Londres, é un produtor musical inglés especializado en música dub. Sherwood ten un distintivo estilo de produción baseado na aplicación de efectos e técnicas de mestura dub noutras formas de música electrónica ou música popular. Traballou cunha gran variedade de artistas de reggae ademais de facelo cos músicos Keith LeBlanc, Doug Wimbish e Skip McDonald. Sherwood remesturou temas de Coldcut, Depeche Mode, The Woodentops, Primal Scream, Pop Will Eat Itself, Sinéad O'Connor e Skinny Puppy.[1] No seu papel de produtor musical traballou con varios selos discográficos; porén, a súa discográfica máis coñecida é On-U Sound Records, que creou en 1979.[2] Sherwood foi membro da banda Tackhead. Segundo el, padece acusia conxénita que lle impide discriminar tons, e céntrase en facer sons e ruídos en vez de melodía.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adrian Sherwood | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-04. 
  2. "On-U Sound". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-04. 
  3. "Adrian Sherwood @ Dubspot! Interview Workshop Recap: Talks Dub, Music Production + | Dubspot". Dubspot Blog (en inglés). 2012-02-14. Consultado o 2019-12-04.