Adania Shibli
(2024, Sarny Palace (en) ) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Shibli-Umm al-Ghanam, Israel (en) |
Residencia | Xerusalén Berlín |
Educación | Universidade de East London - estudos culturais (–2009) Universidade Hebrea de Xerusalén - comunicación, xornalismo (–2001) |
Actividade | |
Ocupación | docente (2005–2009), escritora, docente, visiting docent (en) , xornalista |
Xénero artístico | Social novel (en) , narración, ensaio e obra de teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Adania Shibli (árabe: عدنية شبلي ), nada en 1974,[1][2] é unha autora e ensaísta palestina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Ten un doutoramento pola Universidade de East London en Estudos Culturais e de Medios. O título da súa tese foi Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks (Terror visual: un estudo das composicións visuais dos ataques do 11 de setembro e os principais ataques na 'guerra contra o terrorismo' por cadenas de televisión británicas e francesas).[3]
É profesora na Universidade de Nottingham.[1]
Polémica na Feira do Libro de Frankfurt 2023
[editar | editar a fonte]A súa novela Tafṣīl Ṯānawī (Pequeno detalle) foi seleccionada para o LiBeraturpreis 2023 pola organización alemá LitProm. Baseada parcialmente en feitos históricos, a novela relata a violación e o asasinato dunha nena palestina en 1949 por parte de soldados israelís que foron condenados por un tribunal israelí. Orixinalmente, a cerimonia de entrega de premios na Feira do Libro de Frankfurt anunciouse para o 20 de outubro de 2023.[4] Uns días antes da data anunciada, LitProm cancelou a cerimonia na Feira do Libro e aprazouna a unha data non especificada en resposta ás protestas dos xornalistas alemáns que dixeron que a novela expresaba actitudes antisemitas. Ademais, o conflito israelo-palestino de outubro de 2023, os ataques de Hamas do 7 de outubro, foi citado como outro motivo da cancelación[5] e malia que os responsables da feira afirmaron que a decisión se tomara conxuntamente coa escritora, a axencia desta, negou ese acordo.[6][7] En resposta a isto, a Emirates Publishers Association e a Arab Publishers Association retiráronse da feira.[8][9]
A raíz da cancelación, máis de 1.000 autores e intelectuais, entre eles Colm Tóibín, Hisham Matar,[10] Kamila Shamsie, William Dalrymple e os premios Nobel Abdulrazak Gurnah, Annie Ernaux e Olga Tokarczuk,[7] criticaron a decisión da Feira do Libro de Frankfurt e manifestaron que a Feira tiña “a responsabilidade de crear espazos para que os escritores palestinos compartan os seus pensamentos, sentimentos e reflexións sobre a literatura nestes tempos terribles e crueis, non eliminalos”.[11][12]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En xuño de 2024 coincidindo coa súa presenza na SELIC de Compostela, os seus versos e os da poeta Nolwenn Korbel foron inscritos no ‘Xardín das pedras que falan", unha espiral de pedras gravadas con versos inéditos e fragmentos literarios de autores e autoras de procedencias e linguas diversas.[13]
Obras
[editar | editar a fonte]- 2010, Touch (Masaas) (مساس). , Northampton, MA.:Clockroot Books. ISBN 9781566568074
- 2012, We are all equally far from love (Kulluna Ba’id bethat al Miqdar aan el-Hub) (كلنا بعيد بذات المقدار عن الحب). Northampton, MA.: Clockroot Books. ISBN 9781566568630
- 2013, Keep your eye on the wall: Palestinian landscapes. London: Saqi Books. ISBN 9780863567599
- 2020, Minor Detail (Tafṣīl Ṯānawī) (تفصيل ثانوي). Fitzcarraldo Editions / New Directions. ISBN 9780811229074
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Adania Shibli". kennedy-center.org (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ "PEN World Voices Festival". Arquivado dende o orixinal o 2016-10-13. Consultado o 2016-07-29.
- ↑ Shibli, Adania (2009-04). "Visual Terror: A Study of the Visual Compositions of the 9/11 Attacks and Major Attacks in the 'War on Terror' by British and French Television Networks" (en inglés). University of East London. Consultado o 2023-10-18.
- ↑ "The winner 2023 / LitProm" (en inglés). Consultado o 2023-07-17.
- ↑ Kavi, Aishvarya (13 de outubro de 2023 [actualizado o 17 de outubro de 2023]). "Award Ceremony for Palestinian Author at Frankfurt Book Fair Is Canceled". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Hurel, Léa (23 de outubro de 2023). "Cancelación de la escritora palestina Adania Shibli desata polémica en la Feria de Frankfurt". france24.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 Gómez Ruiz, Lara (17 de outubro de 2023). "Frankfurt empieza su 75.ª edición envuelta de polémica tras cancelar a una autora palestina". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Kavi, Aishvarya (2023-10-13). "Award Ceremony for Palestinian Author at Frankfurt Book Is Canceled". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-10-15.
- ↑ "Emirates Publishers Association pulls out of the Frankfurt Book Fair" (en inglés). Consultado o 2023-10-15.
- ↑ M., M. (17 de outubro de 2023). "Revuelo en la Feria del Libro de Fráncfort por "censurar" a la autora palestina Adania Shibli". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ Oltermann, Philip (2023-10-15). "Palestinian voices ‘shut down’ at Frankfurt Book Fair, say authors". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ De Loera, Carlos (2023-10-16). "More than 1,000 sign open letter decrying cancellation of German event for Palestinian author" (en inglés). Consultado o 2023-10-16.
- ↑ www.santiagodecompostela.gal http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=23403. Consultado o 2024-06-16. Falta o
|title=
(Axuda)