Adán Bargielski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beato Adán Bargielski
Ks. Adam Bargielski.jpg
Mártir
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1903 en Kalinów, Voivodato de Mazovia, Polonia
Pasamento8 de setembro de 1942 en Dachau, Baviera.
Proceso de canonización
Beatificación13 de xuño de 1999, Varsovia, Polonia por Xoán Paulo II
Veneración
Venerado/a enIgrexa Católica
Festividade12 de xuño (xunto aos restantes mártires)
8 de setembro (festa individual)

O beato Adán Bargielski, nado como Adam Bargielski en Kalinów, Polonia o 7 de xaneiro de 1903 e finado en Dachau o 8 de setembro de 1942, foi un sacerdote polaco e mártir durante a Segunda Guerra Mundial. É un dos cento oito mártires de Polonia beatificados por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999.

Vida[editar | editar a fonte]

Naceu en Kalinów o 7 de xaneiro de 1903[1]. Entregouse en troques do seu párroco, para que este non fose arrestado polos nazis[2]. Levárono ao campo de concentración de Dachau, onde morreu o 8 de setembro de 1942.

Foi beatificado como un dos Cento oito mártires de Polonia da Segunda Guerra Mundial por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999 en Varsovia, Polonia[3]. A súa festa individual celébrase o día da súa morte[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]