Conversa:Acrónimo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Penso que no artigo se está falando de siglas e non de acrónimos, que non é o mesmo. Parecen necesarios uns arranxos. Que opinades? --Xoán Carlos Fraga 08:54, 17 agosto 2007 (UTC)
  • As definicións de acrónimo que se dan nas fontes galegas son variadas, para o dicionario Ir Indo un acrónimo e a palabra formada a partir de sílabas ou letras dun enunciado que o uso converteu nun substantivo, mentres para o dicionario Cumio son siglas constituídas polas iniciais, e ás veces outras letras ou sílabas, coas que se obtén un nome, e dá como exemplo láser. Carme Hermida en Ortografía práctica defínea como un tipo de sigla que collen varias sílabas dunha, varias ou todas as palabras que conforman o sintagma (ex. FITUR). Na Gramática galega de Freixeiro Mato afírmase que o galego conta con poucos acrónimos, a maioría procedentes do inglés e dá como exemplo motel de motorist hotel ou, un propio, Maribel de María Isabel.--RNC 14:25, 11 xullo 2009 (UTC)
  • Para min (sen dicionarios), a diferenza entre abreviatura e acrónimo é que a primeira non é unha palabra en si mesma e a segunda si. Explícome: CRTVG é unha abreviatura porque non se le, senón que se di letra por letra (algo así como ceerreteuvegá); pola contra, URSS é un acrónimo porque xa se converteu nunha palabra que se le (non dicimos uerreeseese). En resumo (para min): pódese ler, acrónimo; non se pode ler, abreviatura. --Toliño Fala aquí comigo 14:35, 11 xullo 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (abril 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Acrónimo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de abril de 2020 ás 19:04 (UTC)[responder]