Acontecementos en Vitoria en 1976

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento ás vítimas.

Os acontecementos de Vitoria de 1976 refírense a un feitos ocorridos o 3 de marzo de 1976 na cidade alavesa de Vitoria, no País Vasco, durante a chamada etapa de Transición española. Neles produciuse o enfrontamento da policía armada, da cal o responsable máximo era o daquela ministro Manuel Fraga, con traballadores que realizaban unhas xornadas de folga e que se refuxiaron na igrexa de San Francisco de Agarrades no barrio de Zaramaga, co resultado da morte de 5 deles.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Cartel opositor das políticas levadas a cabo por Fraga durante o franquismo, entre elas as relacionadas cos acontecementos de Vitoria en 1976, colgado no taboleiro de novas da Facultade de Historia da USC durante os días posteriores ao falecemento do político vilalbés.

Durante o mes de xaneiro de 1976 arredor de seis mil traballadores iniciaron unha folga en contra do decreto de topes salariais e en defensa de mellores condicións de traballo. Dous meses despois convocaron por terceira vez unha folga xeral que foi masivamente seguida o día 3 de marzo. Ese mesmo día a policía armada entrou na igrexa San Francisco de Agarrades en Vitoria, na que estaba previsto realizar unha asemblea de traballadores e, facendo caso omiso da decisión do párroco e do contido do Concordato, cominou ao desaloxo. Pouco despois do ultimato, as forzas da orde dispararon gases lacrimóxenos nun recinto pechado e ateigado de xente. O tropel de xente que foi saíndo do templo, foi agredido fisicamente, do cal se derivou o asasinato de Pedro María Martínez Ocio, traballador de Forjas Alavesas, de 27 anos, Francisco Aznar Clemente, operario de panadarías e estudante, de 17 anos, Romualdo Barroso Chaparro, de Agrator, de 19 anos, José Castillo, de Basea, unha sociedade do Grupo Arregui, de 32 anos. Dous meses despois morrería Bienvenido Pereda, traballador de Grupos Diferenciales, con 30 anos. Dous obreiros mortos no lugar dos feitos, catro feridos moi graves dos cales tres morrerían, e varios feridos máis, algúns con ferida de bala, foron o resultado do masacre.

Aquel xoves o Secretario Xeral do SPD de Alemaña cancelaba a entrevista con Fraga que participaba nunha campaña diplomática para vender internacionalmente unha reforma avalada pola monarquía. O sábado, Manuel Fraga Iribarne, entón Ministro da Gobernación, xunto con Rodolfo Martín Villa, Ministro de Relacións Sindicais, e o xeneral Campano, director da Garda Civil, tentaban, visitando aos feridos, reducir o impacto da súa decisión de usar a violencia contra os manifestantes.

Aínda prohibidos os dereitos de reunión, manifestación e de folga, os sindicatos, ilegais tamén, convocaron folgas en todo o territorio do Estado. Tiveron especial importancia no cinto industrial madrileño e en Vitoria. A resposta do goberno perante estas novas manifestacións foi a represión policial, que en Vitoria produciu cinco manifestantes mortos e varios centenares de feridos o 9 de marzo durante unha carga antidisturbios. Os altercados multiplicáronse e as folgas xerais de protesta sucedéronse durante varios meses.

Unha comisión do Parlamento Vasco considerou responsables políticos dos sucesos os "titulares dos ministerios actuantes neste conflito", é dicir: Manuel Fraga Iribarne, ministro de Gobernación (en Alemaña durante os sucesos, e polo tanto tamén como "ministro de xornada" o encargado de cubrir a súa ausencia física e de asumir responsabilidades Adolfo Suárez González), Rodolfo Martín Villa, ministro de Relacións Sindicais, e Alfonso Osorio, ministro de Presidencia.[1]

Décadas máis tarde, o 16 de xuño de 2011, foi rexeitada cos votos do PSE, PP e UPyD unha proposición non de lei no Parlamento Vasco sobre a necesidade de declarar "vítimas do terrorismo" as persoas que resultaron afectadas nestes sucesos e instar o Goberno español a recoñecer a responsabilidade do Estado.[2]

Transcricións policiais dos feitos[editar | editar a fonte]

Manuel Fraga Iribarne, nunha imaxe de 2007, era o ministro responsable das forzas da orde durante os acontecementos de Vitoria de 1976. Fraga atopábase en Alemaña cando tivo lugar a masacre e era substituído nas súas funcións polo Ministro Secretario Xeral do Movemento, Adolfo Suárez González.

A seguir figuran as conversas transcritas entre as patrullas responsables da carga na igrexa, segundo as gravaciones existentes da Banda de Radio da Policía:

«V-1 a Charlie. Cerca de la iglesia de San Francisco es donde más grupos se ven. ­Bien, enterados».

«Charlie a J-1. Al parecer en la iglesia de San Francisco es donde más gente hay. ¿Qué hacemos? ­Si hay gente ¡a por ellos! ­¡Vamos a por ellos!» «­J-1 a Charlie. Charlie, a ver si necesitas ahí a J-2. ­Envíalo para aquí para que cubra la espalda de la iglesia.» «­J-3 a J-1 Estamos en la iglesia. ¿Entramos o qué hacemos? Cambio».

«...­Entonces lo que te interesa es que los cojan por detrás. ­Exacto».

(Entrada á igrexa de San Francisco de Asís.)

«­J-1 a J-2 Haga lo que le había dicho (acudir en ayuda de Charlie a Zaramaga). ­Si me marcho de aquí, se me van a escapar de la iglesia. ­Charlie a J-1. Oye, no interesa que se vayan de ahí, porque se nos escapan de la iglesia. ­...Mándennos refuerzos, sino, no hacemos nada; sino, nos marchamos de aquí sino, vamos a tener que emplear las armas de fuego. ­Vamos a ver, ya envío para allí un Charlie. Entonces el Charlie que está, J-2 y J-3, desalojen la iglesia como sea. Cambio. ­No podemos desalojar, porque entonces, entonces ¡Está repleta de tíos! Repleta de tíos. Entonces por las afueras tenemos Rodeados de personal ¡Vamos a tener que emplear las armas! Cambio. ­Gasead la iglesia. Cambio. ­Interesa que vengan los Charlies, porque estamos rodeados de gente y al salir de la iglesia aquí va a ser un pataleo. Vamos a utilizar las armas seguro, además ¿eh?. ­Charlie a J-1. ¿Ha llegado ya la orden de desalojo a la iglesia? ­Si, si la tiene J-3 y ya han procedido a desalojar porque tú no estabas allí. ­Muy bien, enterado. Y lástima que no estaba yo allí». «Intento comunicar, pero nadie contesta. Deben estar en la iglesia peleándose como leones. ­¡J-3 para J-1! ¡J-3 para J-1! Manden fuerza para aquí. Ya hemos disparado más de dos mil tiros. ­¿Cómo está por ahí el asunto? ­Te puedes figurar, después de tirar más de mil tiros y romper la iglesia de San Francisco. Te puedes imaginar cómo está la calle y cómo está todo. ­¡Muchas gracias, eh! ¡Buen servicio! ­Dile a Salinas, que hemos contribuido a la paliza más grande de la historia. ­Aquí ha habido una masacre. Cambio. ­De acuerdo, de acuerdo. ­Pero de verdad una masacre».

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]