Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu, ou abreviadamente AXA, é unha asociación fundada o 25 de maio de 2006 constituída formalmente en Oviedo, coa sinatura da acta fundacional e a solicitude de asentamento no Rexistro de Asociacións do Principado de Asturias.[1]

Creouse co obxectivo de traballar de xeito desinteresado pola supresión dos obstáculos que ten o emprego da lingua asturiana para a actividade profesional dos xuristas, partindo dende estes principios:

  • A dignidade institucional de Asturias -a dignidade de todos os asturianos-, dende que a lingua reciba o mesmo trato que as linguas propias doutras Comunidades Autónomas españolas.
  • Todos os poderes públicos están obrigados a cumprir legalmente cos mandados recollidos nos artigos 3.2, 9.2 e 14 da Constitución Española e no artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á luz dos tratados, convenios, pactos, convencións, resolucións, informes, declaracións e sentenzas que as interpretan.[1][2]
  • Todos os poderes públicos asentados en Asturias están obrigados a cumprir legalmente cos mandados recollidos no artigo 4 do Estatuto de Autonomía e a Lei 1/1998, de 23 de marzo, de Utilización e Promoción do bable ou asturiano.[1]
  • Os asinantes do "Plan para a Normalización Social do Asturiano 2005-2007", están obrigados a cumprir legalmente os seus compromisos.[1]

Organización interna[editar | editar a fonte]

O órgano de goberno é o que se amosa a continuación:[Cómpre referencia]

Xunta directiva[editar | editar a fonte]

  • Presidente: Xosé María Estrada Janáriz. Letrado do Servizo Xurídico do Principado de Asturias.[1]
  • Vicepresidente: Xosé Manuel Pérez Fernández, Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Oviedo.
  • Secretario: Xurde Blanco Puente, Letrado do Servizo Xurídico do Principado de Asturias.[2]
  • Secretaría: Yolanda González Huergo, licenciada en Dereito e traballa na Administración Pública Municipal e Xesús Xabiel Álvarez Vila licenciado en Dereito e traballador da Administración Pública Autonómica.
  • Tesoureiro: Xilberto Maire Fernández. Avogado - Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo.
  • Vogal: Xosé Lluis del Río Fernández. Avogado - Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo.

Grupos de traballo[editar | editar a fonte]

  • Administracións Públicas, Universidade e Ensino
    • Coordinador: Xosé Manuel Pérez Fernández.
    • Membros: Xurde Blanco Puente, Yolanda González Huergo e Xosé María Estrada Janáriz.
  • Procedementos
    • Coordinador: Xurde Blanco Puente.
    • Membros: Xosé María Estrada Janáriz, Xilberto Maire Fernández e Xosé Lluis del Río Fernández.
  • Mediación
    • Coordinador: Xosé María Estrada Janáriz.
    • Membros: Xurde Blanco Puente, Xesús Xabiel Álvarez Vila, Yolanda González Huergo e Inaciu Igrexas Fernández.
  • Concello de Estudos Xurídicos El Escaliu
    • Coordinadora: Amable Concha González.
    • Membros: Xosé Lluis del Río Fernández, Xurde Blanco Puente e Xaviel Vilareyo y Villamil.
  • Informática, edición electrónica e documentación
    • Responsables: Xosé Lluis del Río Fernández e Yolanda González Huergo.
  • Prensa
    • Voceiros: Xurde Blanco Puente e Yolanda González Huergo.

Partes de traballo[editar | editar a fonte]

Observatorio de dereitos lingüísticos (ODLL)[editar | editar a fonte]

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos (ODLL), é un proxecto promovido por AXA que tenta mirar polos dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás falantes de asturiano e de galego-asturiano, encamiñando a súa actividade a garantir eses dereitos, tanto no eido público como no privado, de xeito desinteresado e con neutralidade e independencia de calquera outra institución pública ou privada.[3]

Realízanse estudos e prepáranse informes sobre a situación de respecto ou conciliación dos dereitos lingüísticos en Asturias, presentando ante a sociedade asturiana e ante as institucións asturianas e internacionais, co fin de dar a coñecer a situación de discriminación lingüística que poden padecer os asturianos, organizando modos de presión para que os dereitos fundamentais dos falantes sexan respectados, como é o caso da agonía dunha lingua europea, unha denuncia enviada ó Comité Europeo para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa, en asturiano, inglés e castelán.[3]

Realizan tamén un labor pedagóxico no que se invoca ó coñecemento e difusión dos dereitos lingüísticos que lles corresponden ós falantes, a entender o dereito que teñen os cidadáns asturianos sobre a súa propia lingua e a desenvolverse con normalidade na súa vida cotiá.[3]

Traballa ademais, de maneira proactiva para que as empresas, asociacións, organizacións e institucións superiores da sociedade asturiana, utilicen a lingua propia, favorecendo desta maneira a súa normalización social, como na Reclamación ante a empresa Tee Atlas Map Insight (empresa encargada de ilustrar mapas en Google Maps).[3]

El Escaliu[editar | editar a fonte]

O Concello de Estudos Xurídicos El Escaliu toma o seu nome dunha vella institución xurídica asturiana documentada xa dende o século IX que consistía no desbrave e cultivo da terra deserta. El Escaliu constituíuse como un dos Grupos de Traballo da Reunión de Xuristas polo Asturiano e dende el, quere achegarse á realidade asturiana dende unha perspectiva xurídica, coa vista posta no futuro. El Escaliu é un lugar de estudo e encontro no que se achegan reflexións, propostas e iniciativas no eido xurídico, un lugar para amosar ideas e a concreción de actuacións a pequena escala que, en consonancia coas posibilidades do AXA, sexan quen cambie as realidades concretas.[4]

Entre os fins de El Escaliu atópanse:

O estudo, divulgación e investigación dos recursos xurídicos de Asturias, comprendendo:

  • As Institucións de Dereito Público asturianas e o afondamento e consolidación da autonomía política de Asturias, sosténdose para iso na propia entidade e especificidade xurídico-política do país; mirando de achegarse así ó coñecemento da historia destas Institucións, a súa pervivencia e proxección; procurando o seu desenvolvemento e evolución, encadrando ese estudo no sistema de integración política-administrativa a nivel estatal, europeo e internacional, tendo especial coidado de atender a tradicional vocación atlántica asturiana.
  • As Institucións de Dereito Civil asturianas e a posta ao día delas.
  • A contribución ó fomento e promoción do desenvolvemento económico, social e cultural de Asturias a través do estudo e a proposta de posta en funcionamento das posibilidades das súas institucións xurídicas.
  • A achega de propostas, opinións e iniciativas no eido xurídico que sirvan ó desenvolvemento económico, social ou cultural de Asturias.
  • A promoción do diálogo e o intercambio de opinións a través de concellos e debates do eido xurídico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Asturies.com (6 de febreiro de 2007). "Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu" (en asturiano). Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu denuncia la discriminación del asturianu na Constitución Española" (en asturiano). Astur News. Diario Cultural Asturiano. 6 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Astur News (20 de xaneiro de 2007). "LAconceyamientu de Xuristes pol Asturianu presenta una páxina web enllena de conteníos xurídicos" (en asturiano). Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  4. Xuristes. "Conceyu d'estudios xurídicos L'Escaliu" (en asturiano). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Xuristes.as Sitio web de AXA con información xurídica.