Saltar ao contido

Abázcaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abázcaro
Vespa crabro

Femia de abázcaro
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Familia: Vespidae
Subfamilia: Vespinae
Xénero: Vespa
Especie: V. crabro
Nome binomial
Vespa crabro
Linnaeus, 1758

O abázcaro, abáboro, abellón ou tártago (Vespa crabro)[1] é un insecto himenóptero. A raíña mide entre 25 e 35 mm, mentres que os machos e as obreiras son máis pequenas. Ten o corpo peludo, e o abdome mestura as cores amarela e negra. A trompa mide tamén entre 20 e 30 mm e as antenas están divididas en segmentos (13 no caso dos machos, 12 no das femias), como tamén está o abdome: sete segmentos os machos, seis as femias.

Vive en enxames pouco numerosos, con niños construídos por baixo de vexetación ou de pedras. Non son particularmente agresivos, pero poden atacar para defender o niño, e o seu ferrete é moi doloroso.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abázcaro. Tamén se lle chama abellón ao macho da abella e ao abesouro (Bombus).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.