Abenamar
Abenamar | |
---|---|
Nacemento | 1031 |
Lugar de nacemento | Silves |
Falecemento | 1086 |
Lugar de falecemento | Sevilla |
Nacionalidade | Taifa de Badaxoz |
Relixión | Islam |
Ocupación | escritor, xadrecista, ministro e Gobernador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abenamar' [1] ou Ibn Amar [2], nado en 1031 e finado en 1086, foi un poeta nado en Silves ou Estombar, ambos situados no actual Portugal, que chegou a ser primeiro ministro da Taifa de Sevilla.
Biografía[editar | editar a fonte]
Abenamar era pobre e pouco coñecido, a súa habilidade na poesía e, sobre todo, a súa beleza masculina, atraían ao mozo Al-Mutamid (r. 1069–1095), quen o nomeou primeiro ministro nalgún momento despois da morte do seu pai Al-Mutadid. Abenamar era coñecido por ser invencible xogando ao xadrez ; segundo Abdeluaid al-Marraquexi, a súa vitoria nunha partida convenceu a Afonso VI de León para que abandonase Sevilla.[3]
Planeou a anexión de Murcia ao reino de Sevilla, convencendo a Almutamid para que o convertese no seu gobernador. Rapidamente proclamouse rei e cortou os lazos con Al-mutamid. Caeu do poder rapidamente, sendo capturado nunha emboscada e preso en Sevilla. Inicialmente, Al-mutamid tendeu a perdoalo, pero máis tarde mostrouse indignado por algo que leu nunha carta interceptada enviada por Abenamar desde a súa cela. Foi o propio rei quen matou ao poeta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alves 2014, p. 61.
- ↑ Coelho 1989, p. 225, 227, 238.
- ↑ Sevilla, Patrimonio de. "La leyenda de Abenamar…..y una partida de ajedrez – Patrimonio de Sevilla" (en castelán). Consultado o 2022-05-19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abenamar |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Coelho, António Borges (1989). Portugal na Espanha Arabe: História. Lisboa. ISBN 9722104209.