Abdul Fatah al-Sisi
Abdul Fatah al-Sisi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de novembro de 1954 |
O Cairo | |
Nacionalidade | Exipto |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | Egyptian Military Academy |
Ocupación | político e militar |
Cónxuxe | Entissar Amer |
Fillos | Mahmoud el-Sisi |
Premios | Orde do Nilo, Order of Abdulaziz al Saud, Kuwait Liberation Medal, Kuwait Liberation Medal, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique e Order of Friendship - Belarus |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Abdul Fatah al-Sisi, nado no Cairo o 19 de novembro de 1954, é un militar e político, presidente de Exipto desde o 8 de xuño de 2014, foi comandante en xefe das Forzas Armadas Exipcias e mais tamén ministro de defensa entre o 12 de agosto de 2012 e o 26 de marzo de 2014.[1]. Como xefe das forzas armadas xogou un papel principal na caída do presidente Muhamed Mursi durante o golpe de estado de 2013 logo das masivas protestas contra Morsi e o seu goberno. O 26 de marzo de 2014 anunciou a súa candidatura a presidente nas eleccións de 2014[1], que gañou.

Índice
Carreira militar[editar | editar a fonte]
Fillo de pequenos comerciantes cairotas[2], formouse na Academia Militar Exipcia, onde se graduou en 1977 servindo na infantería mecanizada, especializándose en técnicas de loita antitanque e de emprego táctico do morteiro, realizando cursos de estado maior en academias militares do Reino Unido e os Estados Unidos. Foi agregado militar en Arabia Saudita e en 2008 xefe da rexión militar norte con sede en Alexandría. Foi vicedirector e director da Oficina de Intelixencia Militar e Reocñecemento[3]. Logo da caída de Hosni Mubarak en 2011 foi o membro máis novo do Consello Supremo das Forzas Armadas. O 12 de agosto de 2012 o presidente Mursi promoveuno a xeneral e nomeouno xefe do exército e ministro de defensa en substitución de Tantawi[4].
Golpe de estado[editar | editar a fonte]
O 30 de xuño de 2013, en resposta ao movemento de protesta contra Mursi producíronse masivas demostracións na capital e noutras cidades, producíndose choques cos partidarios do presidente. O exército lanzou un ultimato de 48 horas por televisión para que se resolvese a situación ameazando con intervir se continuaban[5]. O presidente Mursi rexeitou o ultimato do exército. O 3 de xullo 2013 declarou que Mursi fallara en construír un consenso nacional e instalou como xefe de estado interino a Adli Mansur ordenando o arresto de varios membros do partido de Mursi, a Irmandade Musulmá[6]. Al-Sisi compareceu na televisión e anunciou que o presidente fallaran en satisfacer as demandas do pobo exipcio e declarou que a constitución quedaba suspendida. Ao seu chamado realizáronse demostracións de apoio á acción do exército por todo o país o 23 de xullo de 2013 ao que acudiron millóns de persoas [7]. En agosto de 2013 baixo o comando de al-Sisi botaron abaixo os campamentos dos irmáns musulmáns que se instalaran por todo o país, a acción resultou nunha escalada de violencia que ocasionou 638 mortos e case 4000 feridos, algúns activistas liberais que apoiaran ao exército condenaron a acción [8][9][10].
Candidato a presidente[editar | editar a fonte]
O 27 de xaneiro de 2014 al-Sisi ascendeu a mariscal[11], e nese mesmo día presentoulle a súa dimisión ao Consello Supremo das Forzas Armadas para presentar a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2014 e o 26 de marzo deixou o posto de ministro de defensa [12] e en abril presentou os asinamentos precisos para concorrer ás eleccións, algo que só logrou outro candidato, Hamdin Sabahi.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial como candidato presidencial (en árabe), (en inglés)
|