A historia das cousas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A historia das cousas
Título orixinal The Story of Stuff
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Louis Fox
Produtor Free Range Studios, Erica Priggen
Guión Annie Leonard
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Annie Leonard
Música Michael Emery
Fotografía
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 4 de decembro de 2007
Duración 20 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero documental
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

A historia das cousas (en inglés The Story of Stuff) é un documental web sobre o ciclo de vida dos bens e servizos.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O documental, posto en liña o 4 de decembro de 2007, está narrado por Annie Leonard, quen ten un título de grao do Barnard College e un título de grao da Cornell University en cidade e planificación rexional.[1] O documental está patrocinado pola Tides Foundation e o Funders Workgroup for Sustainable Production and Consumption, con Free Range Studios para producir o filme.[2]

De acordo co sitio, xa hai máis de 4 millóns de persoas que viron o documental.[3] Ralph Nader refiriuse ao filme como "un modelo de claridade e motivación".[4]

Contido[editar | editar a fonte]

O documental de 20 minutos presenta unha visión crítica da sociedade consumista. Expon as conexións entre un gran número de problemas sociais e do ambiente, e convócanos a todos a crear un mundo máis sostíbel e xusto.[3] O documental está dividido en 7 capítulos: Introduction (Introdución), Extraction (Extracción), Production (Produción), Distribution (Distribución), Consumption (Consumo), Disposal (Lixo) e Another Way (Outro camiño).

O documental describe a economía de materiais, un sistema composto por extracción, produción, distribución, consumo e lixo. Este sistema esténdese con persoas, o gobierno e a corporación.

O seu punto de vista está fundamentado por varios datos estadísticos. Algunhas das afirmacións son:

  • "... máis do 50% do diñeiro do imposto federal estadounidense agora é para as forzas armadas ..."
  • "Das 100 economías máis grandes da Terra agora, 51 son corporacións."
  • "Nosoutros [os EEUU] temos o 5% da poboación do mundo pero consumimos o 30% dos recursos do mundo e creamos o 30% do lixo do mundo."
  • "O 80% dos bosques orixinais do planeta perdéronse."
  • "Só no Amazonas perdemos 2000 árbores por minuto."
  • "Cada un de nós nos EEUU recibe máis de 3000 avisos publicitarios por día."
  • "Cada un de nós nos Estados Unidos fai 4 1/2 libras [ 2,04 kg ] de lixo por día."
  • "a dioxina é a substancia máis tóxica creada polo home coñecida pola ciencia. E os incineradores son a primeira fonte de dioxina."

O documental tamén cita o que Vítor Lebow dixo en 1955:

"A nosa economía enormemente produtiva... pide que fagamos do consumo a nosa forma de vida, que convirtamos a compra e uso dos bens nun ritual, que busquemos a nosa satisfacción espiritual, a nosa satisfacción do ego, en consumo... nós necesitamos que as cousas se consuman, se queimen, se reempracen e se tiren ao lixo cunha velocidade sempre maior."[5]

Algúns dos temas mencionados son: retardante de chama bromado, polución, custo externalizado, obsolescencia planificada, publicidade, incineración, dioxinas e reciclaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Annie Leonard's bio". http://www.storyofstuff.com/anniesbio.html. Consultado o 22-01-2008. 
  2. "The Story of Stuff". http://www.tidesfoundation.org/ideas-action/the-story-of-stuff/index.html. 
  3. 3,0 3,1 "The Story of Stuff". 28-07-2008. http://www.storyofstuff.com. 
  4. Larry Menkes (27-12-2007). "The Story of Stuff Premiers to Rave Reviews: Proves Value as Relocalization Tool". http://relocalize.net/the_story_of_stuff_premiers_to_rave_reviews_proves_value_as_relocalization_tool. 
  5. "Our enormously productive economy... demands that we make consumption our way of life, that we convert the buying and use of goods into rituals, that we seek our spiritual satisfaction, our ego satisfaction, in consumption... we need things consumed, burned up, replaced and discarded at an ever-accelerating rate." ""Price Competition in 1955", Vitor Lebow". 28-07-2008. http://www.scribd.com/doc/2674151/Story-of-stuff-Victor-Lebow. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]