Annie Leonard
Annie Leonard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1964 |
Lugar de nacemento | Seattle |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Cornell, Barnard College e Lakeside School |
Ocupación | activista, directora de cine e guionista |
Coñecida por | A historia das cousas |
Na rede | |
http://storyofstuff.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Annie Leonard, nada en Seattle, Washington en 1964, é unha experta en materia de comercio internacional, cooperación internacional, desenvolvemento sostíbel e saúde ambiental estadounidense.[1] Fíxose moi coñecida sobre todo polo seu documental A historia das cousas (The Story of Stuff), que trata sobre o ciclo vital de bens e servizos. Outros documentais que realizou posteriormete foron A historia dos cosméticos e A historia da auga embotellada, onde anima a que os consumidores esixan aos seus gobernos leis con produtos inocuos e respectuosos co medio ambiente.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Leonard ten unha licenciatura do Barnard College e un título da Universidade Cornell en planificación urbana e rexional.[2] Protagoniza A historia das cousas, un documental sobre o ciclo de vida de bens e servizos. Ralph Nader denomina o documental "un modelo de claridade e motivación".[3]
Leonard é coordinadora de Global Alliance for Incinerator Alternatives (Alianza Global para Alternativas á Incineración)[4] e participa nas xuntas directivas do International Forum for Globalization e a Environmental Health Fund.
Anteriormente ocupou cargos co Health Care Without Harm (Coidado da Saúde Sen Dano), Essential Information (Información esencial) e Greenpeace, e actualmente é coordinadora do Grupo de traballo de Patrocinantes para a Produción e Consumo Sostíbeis[1] En 1992 declarou fronte ao Congreso dos Estados Unidos sobre o tema do tratamento internacional do lixo.[5]
Leonard vive en California coa súa filla.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Terrence McNally (10-01-2008). "Consuming Our Way to Unhappiness". AlterNet. Arquivado dende o orixinal o 13-02-2012. Consultado o 16-12-2010.
- ↑ "Annie Leonard's bio". Arquivado dende o orixinal o 20-01-2008. Consultado o 22-01-2008.
- ↑ Larry Menkes (27-12-2007). "The Story of Stuff Premiers to Rave Reviews: Proves Value as Relocalization Tool". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2009. Consultado o 16-12-2010.
- ↑ "Zero Waste: A New Vision review". Arquivado dende o orixinal o 23-10-2007. Consultado o 14-01-2008.
- ↑ Op Cit