A educación do home e da muller e outros escritos feministas
Aparencia
| A educación do home e da muller e outros escritos feministas | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
|
Tradutor/a
| |||
| Publicación | |||
|
Editor/a
| |||
| Datas | |||
| |||
| Wikidata |
A educación do home e da muller e outros escritos feministas[1] é un libro publicado pola Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia publicado co gallo do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. Este libro recolle o ensaio A educación do home e a muller presentado no Congreso Pedagóxico de 1892 e traducido ao galego por Mónica Bar Cendón e outros escritos feministas seleccionados por Marilar Aleixandre que contribúen ao coñecemento do pensamento dunha muller adiantada ao seu tempo.[2]
Contido
[editar | editar a fonte]Inclúe limiares de Miguel Santalices, Víctor Freixanes e Marilar Aleixandre e os seguintes textos de Emilia Pardo Bazán:
- "A educación do home e da muller as súas relacións e as súas diferenzas" (de 1892).
- "Feminismo" (1901)
- "Mullericidios" (1901)
- "Como nas cavernas" (1901)
- "Elisa e Marcela" (1901)
- "Maltrato" (1907)
- "Fumar" (1911)
- "O decoro" (1915)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O libro está dispoñible e pódese descargar libremente dende a páxina web da RAG: "A educación do home e da muller".
- ↑ "Unha edición en galego de oito textos de Pardo Bazán para descubrir unha "radical feminista" adiantada ao seu tempo". Real Academia Galega. 16/9/2021.