A chamada do Brindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A chamada do Brindo
Título orixinalA chamada do Brindo
Autor/aXesús Manuel Marcos
OrixeGalicia
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.2004
Páxinas240
ISBNISBN 84-9782-206-4
editar datos en Wikidata ]

A chamada do Brindo é unha novela fantástica escrita por Xesús Manuel Marcos, e que forma parte da triloxía O Brindo de ouro, sendo esta a primeira parte da triloxía. Publicada no ano 2004 por Edicións Xerais, resultou gañadora ese mesmo ano do certame de literatura xuvenil, o Premio Merlín, organizado pola mesma editorial. A novela está situada nunhas terras míticas, cuxos xentilicios e topónimos son sacados de lugares do Courel, terra natal do autor.

A obra[editar | editar a fonte]

O protagonista, Selmo, é o fillo do gardián da tribo dos arxinas. Esta tribo, xunto cos broncedos, formarán os habitantes das Terras Outas. O protagonista atópase un día coa súa aldea, Cido, asolada e queimada por parte dos broncedos, sendo el o único supervivente. Deberá emprender unha aventura para recuperar o Brindo, un corno máxico feito de ouro co cal o seu pai avisaba á aldea cando se aveciñaba algún tipo de perigo.

No seu camiño atoparase con dous personaxes heroicos, Toimil e Oulego, que xunto co seu lobo albino Lombán, axudaranlle no seu obxectivo.

O libro conseguiu o premio Merlín no ano 2004 e o premio The White Ravens no 2005.

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]