A Veiga de Anzuelos, Santo Estevo de Folgosa, O Corgo
| A Veiga de Anzuelos | |
|---|---|
| Parroquia | Santo Estevo de Folgosa |
| Concello | O Corgo |
| Coordenadas | 42°55′32″N 7°21′35″O / 42.925631244084, -7.3597434182318 |
| Poboación | 0 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Veiga de Anzuelos é un lugar da parroquia de Santo Estevo de Folgosa no concello lucense do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 a parte pertencente á parroquia de Santo Estevo de Folgosa estaba deshabitada[1].
Se ben o núcleo orixinal da Veiga de Anzuelos está na parroquia de Vilarello (Láncara), a carón da estrada N-VI, expandiuse ao concello do Corgo pola construción dunha central leiteira en 1981 e posteriormente un transformador eléctrico.
O Nomenclátor recolle tamén o lugar da Veiga de Anzuelos (Gomeán), situada no mesmo concello do Corgo; mais tamén o da Veiga de Anzuelos (Vilarello, Láncara), estando así a localidade repartida en dous concellos e tres parroquias diferentes.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santo Estevo de Folgosa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santo Estevo de Folgosa no concello do Corgo (Lugo) | |
|---|---|
|
O Carboeiro | O Monte de Silva | O Piñeiro | Santo Estevo | A Veiga de Anzuelos |
Parroquias do Corgo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-10-05.