A Cruz, Mañufe, Gondomar
A Cruz | |
---|---|
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°06′24″N 8°47′00″O / 42.106583333333, -8.7834166666667 |
Poboación | 19 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cruz é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 19 persoas empadroadas (8 homes e 11 mulleres). Esta entidade de poboación sitúase a 1,5 km do centro da vila de Gondomar e a 40 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Unha ducia de vivendas constitúen no século XXI o espazo urbanizado deste lugar que fora un cruzamento de estradas atravesado polo antigo camiño real entre Tui e Baiona.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Taberna ou Venta da Cruz. O microtopónimo figura como Taberna da Cruz ou A Casa de Faustino do Estanco na lista da recollida realizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar en 2015[2]. O arquitecto Antonio Soliño Troncoso engade A Venta da Cruz, como outro nome da mesma casa, pois así é nomeada como referencia dun marco xurisdicional entre as parroquias de Mañufe e Donas no catastro de Ensenada de 1753[3].
Situada sobre o Camiño Real Tui – Baiona, a estrutura de granito segue en pé. Salienta Soliño Troncoso que “na cara exterior do lintel da porta de entrada dende o que foi patio e logo quizais ampliación cuberta existe unha inscrición baixo a data 1790, posiblemente a correspondente a obras de ampliación e mellora, con cuxa aplicación o pousadeiro sempre saía gañando; di: "OI NO SE FIA A MANA SI" (HOY NO SE FIA, MAÑANA SI)”[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 09/05/2020.
- ↑ "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 09/05/2020.
- ↑ 3,0 3,1 Soliño Troncoso, Antonio (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-09-06595-0.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mañufe
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |