A Casa do Mel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa do Mel
Tipoedificio
EnGoente
PaísGalicia
43°26′12″N 7°59′00″O / 43.436618246192, -7.9832340173669
editar datos en Wikidata ]
Entrada da Casa do Mel.

A Casa do Mel é unha construción en Goente (As Pontes de García Rodríguez), sede da delegación da Asociación Galega de Apicultura (AGA).[1]

Finalidade[editar | editar a fonte]

A Casa do Mel de Goente está xestionada pola delegación local da Asociación Galega de Apicultura. A finalidade da súa implantación na comarca do Eume é apoiar tecnicamente ós apicultores, contribuíndo á súa formación e axudándolles a mellorar a calidade dos seus produtos, en especial do mel. O contorno natural, nas inmediacións das Fragas do Eume, favorece a produción de produtos de calidade.

No ano 2009 a delegación local da Asociación Galega de Apicultura participou na organización da I Feira do Mel e do Queixo de Goente, xunto co concello das Pontes de García Rodríguez.

Instalacións[editar | editar a fonte]

A Casa do Mel conta cunha sala de exposicións na que se exhiben cortizos e ferramentas de uso corrente nas explotacións apícolas tradicionais en Galicia, así como paneis informativos que mostran os distintos procesos do traballo do mel. Tamén se pode ver unha colmea acristalada que permite apreciar directamente o traballo das abellas. Ademais ten un pequeno obradoiro para a transformación da cera e outro de extracción para uso dos socios da asociación. Por último, hai unha sala de conferencias na que se imparten charlas e cursos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Web da Asociación Galega de Apicultura.