55 Cancri e

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



55 Cancri e
Planeta extrasolar Lista de planetas extrasolares

Impresión artística comparando a Terra e 55 Cancri e, cun radio que duplica o da Terra.
Estrela nai
Estrela 55 Cancri A
Constelación Cáncer
Ascensión recta (α) 08h 52m 35.8s
Declinación (δ) +28° 19′ 51″
Magnitude aparente (mV) 5,95
Distancia40,3 ± 0,4 al
(12,3 ± 0,1 pc)
Tipo espectral G8V
Masa (m) 0,95 ± 0,10 M
Raio (r) 1,152 ± 0,035 R
Temperatura (T) 5.373 ± 9,7 K
Metalicidade [Fe/H] 0,29
Idade 7,4–8,7 Ga
Elementos orbitais
Eixo semimaior(a) 0,01560 ± 0,00011[1] UA
(2,333 Gm)
    1,27 mas
Periastro (q) 0,0129 UA
(1,94 Gm)
Apoastro (Q) 0,0183 UA
(2,73 Gm)
Excentricidade (e) 0,17 ± 0,04[1]
Período orbital(P) 0,7365449 (± 0,000005)[1] a
    (17,677 h)
Inclinación (i) 83,4 ± 1,7°
Semi-amplitude (K) 6,2 ± 0,2[1] m/s
Características físicas
Masa(m)8,63 ± 0,35[2] M
Raio(r)2,00 ± 0,14[2] R
Fluxo estelar(F)2.590
Densidade(ρ)5,9+1,5
−1,1
[2] g cm-3
Información do descubrimento
Data do descubrimento 20-08-2004
Descubridor(es)
Método do descubrimento Velocidade radial
Outros métodos de detección Tránsito,
variacións orbitais da curva de luz
Lugar do descubrimento Texas, USA
Status do descubrimento Publicado
Outras designacións
55 Cancri Ae, Rho1 Cancri e, HD 75732 e.
Referencias nas
bases de datos
Enciclopedia
Planetas Extrasolares
datos
SIMBADdatos

55 Cancri e (abreviadamente 55 Cnc e) é un planeta extrasolar en órbita ó redor da estrela 55 Cancri A, semellante ó noso Sol. A súa masa é de case 7,8 masas terrestres e o seu diámetro é de case dúas veces maior có da Terra,[3] sendo clasificado coma a primeira Super-Terra descuberta ó redor dunha estrela na secuencia principal, anticipándose a Gliese 876 d nun ano. Lévalle menos de 18 horas completar unha órbita e é o planeta máis interior (do que se ten coñecemento) do seu sistema planetario. 55 Cancri e foi descuberto o 30 de agosto de 2004. Ata o 2010, no que se fixeron novas observacións e cálculos, pensábase que este planeta tardaba case 2,8 días en completar unha órbita.[4] En outubro do 2012, anunciouse que 55 Cancri e podería ser un planeta de carbono.[5][6]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Como a maioría dos planetas extrasolares coñecidos (atopados con anterioridade ó lanzamento da misión Kepler), 55 Cancri e foi descuberto a través da detección de variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto foi conseguido a través de medicións sensibles ó efecto Doppler do espectro de 55 Cancri A. No momento do seu descubrimento, xa se coñecían outros tres planetas orbitando a estrela. Despois de descubrir eses planetas, quedaba un sinal do redor de 2,8 días, o que podería ser explicado por un planeta de polo menos 14,2 masas terrestres nunha órbita moi próxima á estrela.[7] Estas mesmas observacións serviron para confirma-la existencia de 55 Cancri c.

55 Cancri e foi un dos primeiros planetas extrasolares descuberto cunha masa comparable á de Neptuno. Anúnciase ó mesmo tempo o descubrimento doutro "Neptuno quente", Gliese 436 b, que orbita ó redor da anana vermella Gliese 436.

Existencia do planeta cuestionada[editar | editar a fonte]

No ano 2005, a existencia do planeta 'e' foi cuestionada por Jack Wisdom nunha re-análise dos datos.[8] Segundo el, no sitio dun planeta cun período de 2,8 días, o que en realidade había era un planeta cunha masa semellante a de Neptuno cun período orbital de 261 días ó redor de 55 Cancri A. No 2007, Debra Fischer e os seus colegas da San Francisco State University publicaron unha nova análise[9] indicando que ambos planetas existían; o planeta de 261 días de período orbital recibiu a designación de 55 Cancri f.

Tránsito[editar | editar a fonte]

O planeta transita a súa estrela primaria, o cal foi anunciado o 27 de abril do 2011, baseándose en dúas semanas de monitorización fotométrica case continua co telescopio espacial MOST.[10] O tránsito ocorre co período (0,74 días) e fase que predixeron Dawson & Fabrycky. Este é un dos poucos tránsitos confirmados ó redor dunha estrela ben estudada, e que lle permitiu ós investigadores indagar sobre a composición do planeta.

Órbita e masa[editar | editar a fonte]

O método de velocidade radial empregado para detectar 55 Cancri e obtén unha masa mínima de 7,8 veces a da Terra,[3] ou o 48% da masa de Neptuno. O tránsito mostra que a súa inclinación é de preto de 83,4 ± 1,7. Así pois, a masa real é próxima ó rango mínimo. 55 Cancri 'e' é coplanar con 'b'.

Características[editar | editar a fonte]

55 Cancri e recibe máis radiación cá Gliese 436 b.[11] A cara que mira cara a súa estrela está a máis de 2.000 Kelvin (máis de 3.140 Fahrenheit), quente de abondo coma para fundi-lo metal.[12]

Inicialmente non se sabía se 55 Cancri e era un pequeno xigante de gas coma Neptuno ou un gran planeta rochoso. No 2011, un tránsito do planeta foi confirmado, permitindo ós científicos calcula-la súa densidade. Ó principio sospeitábase que podía ser un planeta de auga.[2][3] As observación iniciais non amosaban hidróxeno na súa sinatura de tránsito Lyman-alpha, Ehrenreich cavilaba con que eses volátiles poderían ser dióxido de carbano, no sitio de auga ou hidróxeno.[13]

Unha posibilidade alternativa é que 55 Cancri e sexa un planeta sólido feito de material rico en carbono, no canto de material rico en osíxeno, que é o que compón os planetas terrestres no noso sistema solar.[14] Nese caso, ó redor dun terzo da masa do planeta sería de carbono, moita desa masa podería estar en forma de diamante, coma resultado das altas temperaturas e presións do interior do planeta. Son necesarias máis observacións para confirma-la natureza do planeta.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Dawson, e o seu equipo., Fabrycky (21-05-2010). "Radial velocity planets de-aliased. A new, short period for Super-Earth 55 Cnc e". The Astrophysical Journal 722: 937–953. Bibcode:2010ApJ...722..937D. arXiv:1005.4050. doi:10.1088/0004-637X/722/1/937. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Winn, J.N e o seu equipo. (2008). "A Super Earth Transiting a Naked-Eye Star". Astronomy & Astrophysics. Bibcode:2011ApJ...737L..18W. arXiv:1104.5230. doi:10.1088/2041-8205/737/1/L18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Staff (20-01-2012). Space.com, ed. "Oozing Super-Earth: Images of Alien Planet 55 Cancri e". Consultado o 21-01-2012. 
  4. Fischer, D. A. e o seu equipo. (23-12-2007). "Five Planets Orbiting 55 Cancri". Astrophysics 675: 790–801. Bibcode:2008ApJ...675..790F. arXiv:0712.3917. doi:10.1086/525512. 
  5. 5,0 5,1 Chris Wickham (11-10-2012). "A diamond bigger than Earth?". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 19-11-2015. Consultado o 11-10-2012. 
  6. 6,0 6,1 Nikku Madhusudhan, Olivier Mousis, Kanani K. M. Lee (2012). "A Possible Carbon-rich Interior in Super-Earth 55 Cancri e". Astrophysical Journal Letters. Bibcode:2012ApJ...759L..40M. arXiv:1210.2720. doi:10.1088/2041-8205/759/2/L40. 
  7. McArthur, B. e o seu equipo. (2004). "Detection of a NEPTUNE-mass planet in the ρ1 Cnc system using the Hobby-Eberly Telescope". The Astrophysical Journal 614 (1): L81 – L84. Bibcode:2004ApJ...614L..81M. arXiv:astro-ph/0408585. doi:10.1086/425561. 
  8. Wisdom, J. (2005). "Evidence of a Neptune-Sized Planet in the ρ1 Cancri System". The Astrophysical Journal Letters (submitted). Arquivado dende o orixinal (PostScript) o 19 de marzo de 2007. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. 
  9. Minkel, J. R. "Record Fifth Planet Discovered Around Distant Star". Scientific American (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2018. 
  10. Winn, J.N. e o seu equipo. (2011). "A Super-Earth Transiting a Naked-Eye Star". The Astrophysical Journal Letters 737 (1). Bibcode:2011ApJ...737L..18W. arXiv:1104.5230. doi:10.1088/2041-8205/737/1/L18. 
  11. Lucas, P. W.; Hough, J. H.; Bailey, J. A.; Tamura, M.; Hirst, E.; Harrison, D.; (2007). "Planetpol polarimetry of the exoplanet systems 55 Cnc and tau Boo". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 393: 229–244. Bibcode:2009MNRAS.393..229L. arXiv:0807.2568. doi:10.1111/j.1365-2966.2008.14182.x. 
  12. Science@NASA. NASA, ed. "NASA Space Telescope Sees the Light from an Alien Super-Earth". Arquivado dende o orixinal o 26-01-2021. Consultado o 10-05-2012. 
  13. D. Ehrenreich e o seu equipo. (02-10-2012). "Hint of a transiting extended atmosphere on 55 Cancri b". Astronomy & Astrophysics. Bibcode:2012A&A...547A..18E. arXiv:1210.0531. doi:10.1051/0004-6361/201219981. 
  14. "Nearby Super-Earth Likely a Diamond Planet". Science Daily. 11-10-2012. Consultado o 11-102012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]