30 monedas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

30 monedas
FormatoSerie de televisión
Creado porÁlex de la Iglesia
Dirixido porÁlex de la Iglesia
IntérpretesEduard Fernández
Miguel Ángel Silvestre
Megan Montaner
Macarena Gómez
Pepón Nieto
Manolo Solo
Lingua(s)Castelán e italiano
Temporadas1
Episodios8
Produción
Localización(s)España
Duración50 minutos (aprox.)
DistribuidorHBO España
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO España
Primeira emisión29 de novembro de 2020
Ligazóns externas
Páxina web

30 monedas é unha serie de televisión española de misterio e terror dirixida por Álex de la Iglesia para HBO.[1] O guión foi escrito por Jorge Guerricaechevarría xunto con Álex de la Iglesia e conta a historia do Padre Vergara, un cura exorcista exiliado en Pedraza, unha vila pequena da provincia de Segovia onde se agocha dos seus inimigos.[2][3]

A serie estreouse o 29 de novembro de 2020 en HBO Europa.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O Padre Vergara (Eduard Fernández) é un cura exorcista e expresidiario que vive en Pedraza, unha vila de Segovia para esquecer o seu pasado e comezar unha nova vida. Porén, axiña comezan a suceder fenómenos paranormais e terá que contar coa axuda de Paco, o alcalde (Miguel Ángel Silvestre), e Elena, a veterinaria da vila (Megan Montaner), para resolver o misterio dunha moeda que podería formar parte das trinta coas se lle pagou a Xudas a súa traizón a Xesucristo. Os tres protagonistas acabarán no centro dunha conspiración global que involucra a propia Santa Sé e que ameaza o mundo como o coñecemos.[4][5][6]

Elenco[editar | editar a fonte]

Principal[7]
Secundario

Capítulos[editar | editar a fonte]

Número Título Dirixido por Escrito por Data de lanzamento
1 "Telarañas" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 29 de novembro de 2020
2 "Ouija" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 6 de decembro de 2020
3 "El Espejo" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 13 de decembro de 2020
4 "Recuerdos" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 20 de decembro de 2020
5 "El doble" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 27 de decembro de 2020
6 "Guerra Santa" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 3 de xaneiro de 2021
7 "La caja de cristal" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 10 de xaneiro de 2021
8 "Sacrificio" Álex de la Iglesia Álex de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría 17 de xaneiro de 2021

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lang, Jamie (11 de febreiro de 2020). "HBO Europe Announces New Series, ’30 Coins,’ From Alex De La Iglesia". Variety. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  2. Arias, María José (29 de novembro de 2020). "Eduard Fernández: "El gran acierto de '30 Monedas' es el costumbrismo y ese mundo de terror, género y thriller"". Público. 
  3. 3,0 3,1 Lang, Jamie (16 de outubro de 2020). "Icelandic Industry Plots Next 10 Years in New Action Plan – Global Bulletin". Variety. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  4. "Personajes principales de 30 Monedas en la web oficial de HBO". Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  5. "Reparto de 30 Monedas en Sensacine". Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  6. "Antonio Velázquez ficha por '30 Monedas', la nueva serie de Álex de la Iglesia para HBO". Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  7. Fernández, Noemí (29 de novembro de 2020). "'30 monedas': Todo sobre la serie de Álex de la Iglesia protagonizada por Miguel Ángel Silvestre. Una historia llena de misterio con un toque de terror". Hola!. 
  8. 8,0 8,1 Alberto, Enric (4 de decembro de 2020). "'30 monedas', crónicas de un pueblo… maldito". El Cultural. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]