Şivan Perwer
(2016) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ku) İsmail Aygün 23 de decembro de 1955 Siverek ilçesi |
| Outros nomes | Şivan Perwer |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, compositor, artista discográfico, músico |
| Período de actividade | 1975 |
| Instrumento | Bağlama, voz e Kurdish tanbur (en) |
| Sitio web | sivan-perwer.com |
Şivan Perwer, nado o 23 de setembro de 1955 é un cantante, poeta e intérprete de saz kurdo. Trátase dun dos artistas kurdos máis coñecidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de músicos, Şivan fíxose famoso, cando era un estudante de matemáticas, durante as protestas kurdas contra o réxime iraquí que se realizaron na Universidade de Ankara en 1972, ao acudir milleiros de persoas súas actuacións en directo. En 1976 temendo pola súa vida e a da súa familia exiliouse en Alemaña e alí gravou o seu primeiro álbum de cancións tradicionais kurdas. Durante moitos anos as súas cancións estiveron prohibidas en Iraq, Irán e Turquía por estar en kurdo, malia iso, a pesar do risco de acabar na cadea ou executado, as casetes coa súa música pasaban de man en man por todo o Kurdistán. Mesmo hoxe en Turquía só están permitidas as súas cancións de amor.