Óptimo climático medieval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O óptimo climático medieval ou período cálido medieval foi un período de clima extraordinariamente caloroso na rexión setentrional do Océano Atlántico, que durou dende o século X ata o século XIV. Algúns estudosos tamén se refiren ó suceso como «anomalía climática medieval». O óptimo climático medieval cítase a miúdo nas discusións sobre cambio climático, quecemento global ou efecto invernadoiro.

2000 Year Temperature Comparison.png

A investigación inicial[editar | editar a fonte]

A investigación inicial do Óptimo Climático Medieval e da posterior Pequena Idade de Xeo realizouse principalmente en Europa, onde estes fenómenos foron moi obvios e estaban claramente documentados.

Inicialmente creuse que os cambios de temperatura eran globais. Non obstante, esta visión foi cuestionada; o informe do IPCC do 2001 resúmese dicindo:«(…) a evidencia actual non apoia períodos globalmente sincronizados de frío anómalo ou calor moderada, e os termos Pequena Idade de Xeo e Óptimo Climático Medieval parecen ter unha limitada utilidade como descrición de tendencias de cambios na temperatura media global ou de hemisferios en séculos pasados». Os rexistros de temperaturas globais obtidos a partir de bloques de xeo, aneis de árbores e depósitos lacustres demostran que, globalmente, a Terra puido ter unha temperatura lixeiramente máis fría (uns 0,03 graos Celsius) durante o 'Período Cálido Medieval' que a principios e mediados do século XX, pero algúns científicos consideran que non hai documentación suficiente da súa existencia no hemisferio austral.

Os paleoclimatólogos, que desenvolven reconstrucións rexionais do clima en séculos anteriores, etiquetan o intervalo máis frío como Pequena Idade de Xeo e o intervalo máis caloroso como Óptimo Climático Medieval. Seguindo esta convención, outros científicos que estudan un suceso significativo do clima e ven que se atopa nos períodos da Pequena Idade de Xeo ou do óptimo climático medieval, asocian eses eventos ó período. Algúns sucesos do Óptimo Climático Medieval son eventos chuviosos ou eventos fríos en lugar dos eventos estritamente calorosos, particularmente na rexión antártica central, onde se observaron patróns climáticos opostos ós do Atlántico Norte.

O Óptimo Climático Medieval coincide parcialmente co máximo na actividade do Sol denominado Máximo Medieval, que tivo lugar entre os anos 1100 e 1250.

Os sucesos climáticos máis significativos[editar | editar a fonte]

Atlántico norte e rexións norteamericanas[editar | editar a fonte]

Durante o Óptimo Climático Medieval, o cultivo da uva e a produción de viño creceron tanto no norte de Europa coma no sur de Gran Bretaña. Os viquingos aproveitaron a desaparición do xeo nos mares para colonizar Groenlandia e outras terras periféricas do norte do Canadá. O Óptimo Climático Medieval foi seguido pola Pequena Idade de Xeo, un período máis frío que duraría ata o século XIX, cando empezou o período actual de quecemento global.

Na baía de Chesapeake, Maryland, os investigadores encontraron altas temperaturas durante o Óptimo Climático Medieval (entre 800-1300) e a Pequena Idade de Xeo (sobre 1400-1850), posiblemente relacionadas cos cambios na forza da circulación termohalina no Atlántico Norte. Os sedimentos demostran que o pantano de Piermont, o máis baixo do val do Río Hudson, móstrase seco nese período do Óptimo Climático Medieval de 800-1300. As prolongadas secas afectaron a moitas partes do occidente dos Estados Unidos e especialmente a parte oriental de California e a occidental da Gran Cunca, entre a Serra Nevada e mais as Montañas Rochosas. En Alasca, os tres intervalos de tempo experimentados de calor moderada comparable son: 1-300, 850-1200, e posteriormente 1800.

A datación mediante radiocarbono no Mar dos Argazos amosa que a temperatura na superficie do mar era aproximadamente 1 °C menor que hoxe hai aproximadamente 400 anos (a Pequena Idade de Xeo) e hai 1700 anos, e aproximadamente 1 °C maior que hoxe hai 1000 anos (durante o Óptimo Climático Medieval).

Outras rexións[editar | editar a fonte]

O clima na rexión ecuatorial oriental de África foi alternando entre a sequidade de hoxe en día, e algo relativamente máis húmido. O clima máis seco tivo lugar durante o Óptimo Climático Medieval (~ 1000-1270) d.C.

Unha perforación de xeo ó leste da Bransfield Basin, na Península Antártica, identifica claramente os sucesos da Pequena Idade de Xeo e o Óptimo Climático Medieval. A perforación amosa un período claramente frío sobre o ano 10001100, ilustrando o feito de que durante o Óptimo Climático Medieval global había, rexionalmente, períodos de calor moderada e incluso de frío.

Os corais tropicais do océano Pacífico suxiren que as condicións relativamente frías e secas poden persistir coa configuración do fenómeno de El Niño e La Niña. Malia que hai unha escaseza extrema de datos de Australia sobre o Óptimo Climático Medieval e a Pequena Idade de Xeo, existe evidencia nos sedimentos do lago Eyre de que durante os séculos IX e X este permaneceu cheo aínda que con variacións de nivel.

A investigación dos sedimentos no lago Nakatsuna (no centro do Xapón), realizada por Adhikari e Kumon no 2001 verificou a existencia alí do Óptimo Climático Medieval e da Pequena Idade de Xeo.

As temperaturas obtidas a partir do estudo dunha estalagmita dunha cova de Nova Zelandia suxiren que o Período Medieval Cálido ocorreu entre 1050 e 1400, e que foi 0,75 °C máis cálido que o Período Cálido Actual. Nese país tamén se acharon evidencias do Período Medieval Cálido nos aneis dunha árbore duns 1100 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]