Île de la Possession

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa da Posesión
Vista da illa
Datos
Capital Base Alfred-Faure
País Francia
Localización Océano Índico
Arquipélago Crozet
Linguas
Poboación (2009) non Permanente
Superficie 150 km²
Densidade
Coordenadas 46°24′S 51°46′L / -46.400, -51.767
Maior Altura 934 m. Pic du Mascarin
Localización
Localización da illa

A Illa da Posesión (en francés: Île de la Possession) é unha illa pertencente ao arquipélago das illas Crozet, no océano Índico subantártico. Está administrada por Francia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cunha superficie de 150 km², sitúase como a maior do arquipélago. Alberga a base científica Alfred Faure, construída en 1963, na que cohabitan entre 18 e 30 persoas dedicadas a traballos de investigación, co que é a única illa habitada do conxunto.

Está separada da Illa do Leste polo Canle des Orques, de 18 quilómetros de ancho, e xunto con ela forma o grupo oriental do arquipélago.

A súa cota máis alta é o Pico do Mascarín, con 934 metros de altitude.

Actividade volcánica[editar | editar a fonte]

As exploracións vulcanóloxicas foron realizadas en 1981 por Luc Chevallier a escala 1:50.000. A illa é un estrato-volcán edificado en 5 fases de actividade.

O seu centro eruptivo está localizado actualmente no oeste (Cabo da Heroína, en francés: Cap de l'Héroïne), onde existen varias fallas. A erosión mariña contrasta coa pendente xeral do volcán. Esta fase (Fase 1), a máis antiga, está formado por palagonito (hyaloclastito) intercalado con niveis de fósiles mariños.

A Fase 2 é visible dentro dos vales e correspóndese a unha actividade de coadas de basalto máis unha actividade máis explosiva de escoura piroclástica. Esta actividade dátase entre fai 9 e 1´3 millóns de anos, cara ao medio Plioceno e o principio do Plistoceno.

A Fase 3 sucede tras a erosión dos estratos de lava da anterior fase. Comeza cun conglomerado base sobre a escoura, interestratificándose con finas coadas de lava. Isto dá lugar a unha serie de diques radiocéntricos ao oeste da illa. Esta fase desenvolveuse entre fai 1 e 0´5 millóns de anos, durante o Plistoceno.

Na Fase 4 a láva proveniente dos diques crea un sistema de rift en dirección noroeste-sueste. A cota oceánica sobe en nivel e a illa esténdese. Esta fase coincide cun período glacial.

A Fase 5 está representada por conos de escouras (Mont Branca, por exemplo, e a zona do Mont des Cratères), aliñados con diques e fracturas do volcán primitivo. Isto sucedeu fai menos de 100.000 anos.

No que concierne as lavas, corresponden a unha serie de basaltos alcalinos emitidos na auga durante as fases 1 e 2, e ao aire nas demais. Proveñen dunha reserva de magma, e aquelas que se diferencian do resto de La Pérouse (comezo da Fase 3).

As manifestacións post-volcánicas redúcense a unha pequena fonte termal mineral no Vallée des Branloires. Porén a Fase 5 conduce a clasificar a illa como un volcán potencialmente activo.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta o 24 de xaneiro de 1772 polo explorador francés Nicolas Thomas Marion-Dufresne. Julien Crozet, segundo a bordo do Mascarin, foi enviado a terra, onde efectuou unha cerimonia de posesión, consagrando cunha botella a illa ao rei Lois XV. A illa foi chamada máis tarde Île da Prise de Possession.