Épinay-sur-Orge
| Epónimo | Rio Orge (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Illa de Francia | ||||
| Departamento | Essonne | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9399 (2.414,86 hab./km²) | ||||
| Xentilicio | Spinoliens (en francés) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Paris attraction area (en) Paris unité urbaine (en) | ||||
| Superficie | 4,44 km² | ||||
| Altitude | 36 m-89 m-64 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Véronique Francois (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 91360 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | ville-epinay-sur-orge.fr | ||||
Épinay-sur-Orge é unha cidade e comuna francesa, situada no departamento de Essonne, na rexión de Ile-de-France. Os seus habitantes son coñecidos en francés como Spinoliens.[1]
O asentamento ten orixes prehistóricas e protohistóricas (galo-romanas), tendo sido unha posesión da Abadía de Saint-Germain-des-Prés desde o século VIII ata o XVI, para despois pasar a mans de parlamentarios parisienses. Protexida da urbanización até o século XIX pola familia Carafa, a cidade experimentou un crecemento significativo desde a década de 1920 cunha serie de urbanizacións, converténdose nunha localidade de carácter residencial.
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]Épinay-sur-Orge está localizada na confluencia dos ríos Orge e Yvette, limitando con varias comunas como Longjumeau ao noroeste e Savigny-sur-Orge ao nordeste. A comuna dispón de dúas estacións ferroviarias que a conectan coa rede de transporte de Île-de-France, integrándose na liña C do RER.[2]
Desde tempos antigos, Épinay-sur-Orge foi un lugar habitado, como demostran os achados prehistóricos e galo-romanos. A primeira mención documentada data do século VIII, cando pasou a ser propiedade da Abadía de Saint-Germain-des-Prés. Durante aIdade Media, o lugar experimentou un desenvolvemento significativo, e no século XIX iniciouse a súa urbanización coa construción de estacións ferroviarias. Nesa época naceu na cidade Madeleine Pelletier, que se converteu na primeira muller francesa doutorada en psiquiatría.[3]
Patrimonio e cultura
[editar | editar a fonte]Na cidade atópanse varios elementos protexidos como monumentos históricos, incluíndo o parque do dominio de Sillery e un marco quilométrico do século XVIII. A igrexa de Saint-Leu-et-Saint-Gilles, iniciada no século XIII, é outro dos seus monumentos máis relevantes.
Adoita ter unha intensa programación cultural, deportiva e de lecer.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]| Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 6103 | 9032 | 9366 | 8745 | 9688 | 9399 |
Notas
[editar a fonte]- ↑ "Accueil". Ville Épinay sur Orge (en francés). Consultado o 2024-04-09.
- ↑ "Campagne de remboursement RER C". Ville Épinay sur Orge (en francés). 2024-03-22. Consultado o 2024-04-09.
- ↑ "Madeleine Pelletier - Ateneo Virtual". alasbarricadas.org (en castelán). Consultado o 2024-04-09.
- ↑ "Grands rendez-vous spinoliens". Ville Épinay sur Orge (en francés). Consultado o 2024-04-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Épinay-sur-Orge |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- INSEE (en francés)

