Édouard Ménétries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉdouard Ménétries

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1802 Editar o valor em Wikidata
París Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1861 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (58 anos)
San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFundador da Sociedade Entomolóxica Rusa
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista , ornitólogo , lepidopterólogo , zoólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia de Ciencias de San Petersburgo
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMénétries Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 149732346 Editar o valor em Wikidata

Édouard Ménétries, nado en París o 2 de outubro de 1802 e finado en San Petersburgo o 10 de abril de 1861, foi un zoólogo francés especializado en entomoloxía e herpetoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alumno de Georges Cuvier e Pierre André Latreille. Por recomendación destas, foi elixido como zoólogo nunha expedición rusa ao Brasil en 1822, dirixida polo barón von Langsdorff. Ao seu regreso foi nomeado conservador da Colección Zoolóxica de San Petersburgo. En 1829 foi enviado polo tsar nunha viaxe exploratoria ao Cáucaso.[1]

Ménétries foi unha autoridade sobre lepidópteros e coleópteros, pero tamén traballou noutras ordes. A maioría das súas especies nomeadas por el son de Rusia e Siberia, pero no museo puido estudar insectos doutras partes do mundo. Dúas das súas coleccións foron as realizadas durante as expedicións de Alexander von Middendorf e Leopold von Schrenck a California e Alasca, así como a Siberia. A súa colección está no Museo da Academia de San Petersburgo.[1]

No campo da herpetoloxía describiu varias especies novas de réptiles e anfibios.[1]

Ao longo da súa traxectoria realizou máis de trinta publicacións referidas á súa profesión.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Ménétries emprégase para indicar a Édouard Ménétries como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Eduard Menetries en Colepóteros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]