Saltar ao contido

Åsa Larsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÅsa Larsson

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Uppsala, Suecia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMariefred (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogada e escritora
Xénero artísticoNovela policial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1084214 BNE: XX4837841 Musicbrainz: 2699f54f-0f12-434c-bf0c-65e1b72af1f3 Editar o valor en Wikidata

Åsa Elena Larsson, nada en Uppsala (Suecia) o 28 de xuño de 1966, é unha escritora sueca de novela negra, creadora da avogada Rebecka Martinsson, protagonista das súas obras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Uppsala, educouse en Kiruna a partir dos catro anos e actualmente vive en Mariefred. Estudou Dereito na Universidade de Uppsala e exerceu a súa profesión no campo das leis tributarias antes de dedicarse a escribir. Confesou que descubrira o pobre que era a súa vida durante a baixa maternal: "Buscaba a diversión dentro da miña cabeza", explicou en Bilbao, agregando que a atopou na literatura, tanto como lectora ou como escritora.[1]

Educouse no laestadianismo, un movemento luterano conservador,[2][3] e cre que o seu afán por escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario e de ideas comunistas, guiouna cara á literatura.[2][3][4][5][6]

Coa súa primeira obra editada en España en 2009, Solstorm (traducida como Aurora Boreal), en cinco meses, vendera 110.000 exemplares en 14 edicións, segundo datos da propia editorial.[6]

A protagonista das súas novelas, Rebecka Martinsson, tamén estudou leis en Uppsala, e as historias transcorren na vila mineira de Kiruna, situada preto do círculo polar ártico.

[editar | editar a fonte]

En 2007, o director sueco Leif Lindblom levou ao cine Solstorm,[7][8] a primeira novela de Larsson, que fora publicada catro anos antes.

Non garda ningún parentesco co famoso escritor sueco Stieg Larsson, a pesar da coincidencia do apelido, pero si é neta do esquiador olímpico Erik August Larsson que gañou unha medalla de ouro na olimpiada de 1936.[9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio da Asociación de Escritores Suecos de Novela Negra 2003 á mellor ópera prima por Solstorm (en galego: Aurora boreal)
  • Mellor Novela Negra de Suecia 2004 por Det blod som spillts
  • Pluma de Prata da Feira do Libro de Bilbao 2010 por Solstorm.[10]
  • Mellor Novela Negra de Suecia 2012 por Till offer åt Molok

Serie de Rebecka Martinsson

[editar | editar a fonte]
  1. Solstorm, (2003), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
  2. Det blod som spillts, (2004), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
  3. Svart stig, (2006), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
  4. Till dess din vrede upphör, (2008), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
  5. Till offer åt Molok, (2012), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
  • 2003 - Upptäck jorden
  • 2005 - Aurinkomyrsky
  • 2007 - Systrarna Hietala (historias curtas)
  • 2009 - Guds starka arm (coescrito con Lena Andersson)
  • 2012 - Tjernaja Tropa
  1. Larrauri, Eva (7 de xuño de 2010). "Literatura contra el tedio". cultura.elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Abella, Anna (20 de xaneiro de 2010). "Åsa Larsson: «Creí que mi madre iría al infierno por ser lesbiana»". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Corroto, Paula (23 de outubro de 2009). "Asa Larsson se come a Stieg". www.publico.es (en castelán). Archived from the original on 26 de abril de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  4. Intxausti, Aurora (11 de febreiro de 2009). ""Me inspira la Biblia, llena de historias violentas"". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  5. López, Ángeles (17 de xuño de 2009). "Asa Larsson: 'Muchas personas se han salido de una secta después de leer mi libro'". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Corroto, Paula (22 de agosto de 2022). "¿Qué fue de Asa Larsson? La 'bestseller' sueca que le disputó el trono a su compatriota Stieg". elconfidencial.com. (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  7. "Aurora boreal". filmaffinity.com/es. Consultado o 13-03-2019. 
  8. "Aurora boreal". imdb.com. Consultado o 13-03-2019. 
  9. Abella, Anna (20-01-2010 (actualizado o 26-04-2017)). "Åsa Larsson: «Creí que mi madre iría al infierno por ser lesbiana»". elperiodico.com. Consultado o 13-03-2019. 
  10. Asa Larsson recibe a Pluma de Prata[6], vídeo en Youtube da Axencia EFE, 07.06.2010; acceso 14.03.2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]