Saltar ao contido

Árabe iemení

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árabe iemení
 Subclase de
Propiedades
Clasificación lingüística
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/034fct Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O árabe iemení[1] é un conxunto de variedades do árabe falado no Iemen e no suroeste de Arabia Saudita, así como en Somalia[2][3] e Djibuti.[4] Polo xeral é considerado como unha variedade moi conservadora, mantendo moitos trazos do árabe clásico que non se observan na maioría dos países de fala árabe.

O árabe iemení pódese dividir en varios grupos dialectais principais, cada un co seu propio vocabulario distintivo e fonoloxía. Os máis importantes destes grupos son o árabe san'ani, o árabe ta'izzi-adeni (tamén chamado árabe iemení do sur ou árabe de Djibuti),[5] o árabe tihamiyya e o árabe hadhrami. O árabe iemení emprégase para as comunicacións diarias e non ten un status oficial; o árabe estándar moderno emprégase con propósitos oficiais, na educación, o comercio e os medios de comunicación.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.
  2. Dalby, Andrew (1999). Dictionary of Languages: The Definitive Reference to More Than 400 Languages. Bloomsbury Pub Ltd. p. 25. ISBN 978-0231115681.
  3. "Somalia". ethnologue.com. Consultado o 16 de abril de 2018.
  4. "Djibouti". ethnologue.com. Consultado o 16 de abril de 2018.
  5. Ethnologue (ed.). "Arabic, Ta’izzi-Adeni Spoken". Consultado o 12 de febreiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]