Ángeles Tilve Jar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngeles Tilve Jar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , conservadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo de Pontevedra (1987–) Editar o valor em Wikidata

Facebook: mariaangeles.tilvejar Instagram: barbotina_ LinkedIn: mª-ángeles-tilve-jar-5417a171 Dialnet: 5559890 Editar o valor em Wikidata

María Ángeles Tilve Jar, nada en Pontevedra o 2 de xullo de 1961, é unha conservadora de arte galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en Arte Moderna e Contemporánea.[1] A súa tese de licenciatura titulouse Aportación as estudio histórico-artístico de Arciprestazgo de Arousa (siglos XVI-XX).[2]

Ten publicado artigos en numerosos catálogos, libros e revistas, especializándose en pintura galega e española dos séculos XIX e XX.[3] Foi comisaria de varias exposicións, coma a Castelao en Europa. El viaje de 1921 e realizou labores de documentación, coordinación, secretaría e asistencia técnica en múltiples exposicións.[1]

Desde 1987 traballou no Museo de Pontevedra, ata 2023 como conservadora de fondos xerais e responsable da área de Coleccións.[4] Substituíu a José Manuel Rei.

En 2016, xunto con José Manuel Castaño, identificou na casa da familia Domínguez Lino os orixinais do Álbum Nós de Castelao, que foron adquiridos e pasaron ao fondo do Museo.[5]

En setembro de 2023 foi nomeada Directora do Museo de Pontevedra[6], a primeira muller na historia do centro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traballos na rede:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Davila, Nicolás (2023-09-20). "Ángeles Tilve Jar, nueva directora del Museo de Pontevedra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  2. Mella, Ramón (2023-09-20). "El Gobierno de la Diputación elige a Ángeles Tilve Jar como nueva directora del Museo de Pontevedra en sustitución de José Manuel Rey". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  3. "Ángeles Tilve, primeira muller á fronte do Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2023-09-20. Consultado o 2023-09-20. 
  4. Pontevedra, Diario de (2023-09-20). "Ángeles Tilve Jar convértese na primeira muller en dirixir o Museo de Pontevedra". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-09-20. 
  5. Pontevedra, Diario de (2023-09-21). "A Deputación cesa a Xosé Manuel Rey como director do Museo e substitúeo por Ángeles Tilve". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-09-21. 
  6. "La Diputación cesa al director del Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, y nombra a Ángeles Tilve". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-09-20. Consultado o 2023-09-20. 


Predecesor:
José Manuel Rey García
 
Directora do Museo de Pontevedra
 
2023 . actualidade
Sucesor:
no cargo