Ángel Pérez Gándaras
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ángel Pérez.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 ![]() Baralla, España ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 1937 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Juan Pérez Rodríguez ![]() |
Irmáns | Domingo Pérez Gándaras ![]() |
Ángel Pérez Gándaras, nado en Baralla cara a 1904 e finado en Lugo o 13 de febreiro de 1937, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan Pérez Rodríguez e Manuela Gándaras López e irmán de Domingo Pérez Gándaras. Farmacéutico na Pontenova. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz xunto con José Antonio Dopacio Mesa, Manuel Enríquez Fernández e Jesús Sampedro Vázquez.[1] Foi detido e ingresou na Prisión de Lugo o 31 de xullo de 1936. Xulgado en Lugo por rebelión militar con outros 24 veciños da Pontenova o 4 de decembro de 1936,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 13 de febreiro de 1937.