Domingo Pérez Gándaras
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1898 Pacios, España |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
| Familia | |
| Pai | Juan Pérez Rodríguez |
| Irmáns | Ángel Pérez Gándaras |
Domingo Antonio Pérez Gándaras, nado en Pacios (Baralla) cara a 1898, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Pérez Rodríguez e Manuela Gándaras López e irmán de Ángel Pérez Gándaras. Na Segunda República foi directivo de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado.[1][2] Valentín Méndez Rodríguez foi acusado de prestarlle axuda. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1937.[3] Entregouse en 1938 e foi procesado, sen recaer condena sobre el. En outubro de 1940 abonou a sanción por responsabilidades políticas e recobrou a libre disposición dos seus bens.[4] En xaneiro de 1941 foi nomeado médico de asistencia pública de Ribadeo e director do Hospital Municipal de Ribadeo,[5] permanecendo nese posto nos anos corenta e cincuenta.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ribadeo con Jesusa Nistal Ares en maio de 1945.[7]