Ángel Barja
Ángel Barja | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de outubro de 1938 |
Falecemento | 12 de febreiro de 1987 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | compositor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Barja Iglesias, nado en Terroso, Vilardevós, o 5 de outubro de 1938 e falecido en León o 12 de febreiro de 1987[1], foi un compositor galego.
Biografía[editar | editar a fonte]
Estuda o bacharelato en El Espino de Burgos e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en Valladolid, coa intención de facerse eclesiástico, proxecto que abandonou para dedicarse á música (actividade que xa comezara aos 16 anos compoñendo pezas de música coral). Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comezan as súas actividades como compositor.
Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos viaxou por Italia (onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda Nuova Consonanta), Suíza e Austria. En 1972 instálase en León para ocuparse da ensinanza no conservatorio e da dirección do coro Capela clásica.
As súas composicións abarcan todos os xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Nacional de Composición, 1972.
- Premio Nacional de Composición, 1984.
- Premio Internacional da Real Academia de Belas Artes de Granada 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ángel Barja, compositor", nota necrolóxica en El País, 14 de febreiro de 1987 (en castelán).