Saltar ao contido

Ángel Barajas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Barajas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángel Gabriel Barajas Vivas Editar o valor en Wikidata
12 de agosto de 2006 Editar o valor en Wikidata (18 anos)
Cúcuta, Colombia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Participou en
27 de xullo de 2024ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024 - barra fixa masculino (2º) Editar o valor en Wikidata

Instagram: angel_barajas34 Editar o valor en Wikidata

Ángel Gabriel Barajas Vivas, nado en Cúcuta, Norte de Santander; o 12 de agosto de 2006, é un deportista colombiano que compite na ximnasia artística. Gañou dúas medallas de ouro no Campionato Mundial Xuvenil de Ximnasia Artística no 2023, onde quedou como subcampión (medalla de prata) na competencia «All around».[1] En agosto de 2024, obtivo a súa primeira medalla olímpica ao gañar a prata nos Xogos Olímpicos de París 2024.[2] Desta maneira, converteuse no primeiro deportista colombiano en obter unha medalla olímpica nesta disciplina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Barajas naceu na cidade de Cúcuta, Norte de Santander e é fillo de Angélica María Vivas e Wilson Barajas, e ten dous irmáns máis vellos.[3] Dende o 2011 adestra na liga Norte de Santander, xunto a ximnastas como Jossimar Calvo e é adestrado por Jairo Ruiz Casas.[1][3]

  1. 1,0 1,1 "Ángel Barajas, la nueva joya de la gimnasia artística colombiana". Comité Olímpico Colombiano. 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  2. "Ángel Barajas consiguió la primera medalla para Colombia en París 2024: se colgó la plata". bluradio.com. 
  3. 3,0 3,1 Rengifo, Lisandro Abel (10 de maio de 2022). "Ángel Barajas: así es el nuevo diamante de la gimnasia colombiana". El Tiempo. Casa Editorial El Tiempo. Consultado o 21 de abril de 2024.