Álvaro Someso Salvadores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1936 (87 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Álvaro Someso Salvadores, nado na Coruña o 5 de novembro de 1936, é un político do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante de profesión, Álvaro Someso acadou a acta de concelleiro na corporación municipal coruñesa dentro das filas de La Coruña Unida. unhas escisión coruñesista da UCD que tivo a Joaquín López Menéndez como líder. Mantívose durante catro anos na corporación, pero non repetiu na seguinte. Integrado xa no Partido Popular, participa nas eleccións xerais de 1989 ao Senado como suplente de Augusto César Lendoiro.
Este dimite en xuño de 1990, só uns meses despois, e Someso pasa a ocupar o seu asento. Someso sae ademais elixido en 1991 concelleiro pola Coruña, nas eleccións locais. Nos anos sucesivos Someso revalida os dous asentos, o da praza de María Pita e o do Senado, nas xerais de 1993, nas municipais de 1995, nas xerais de 1996 e nas municipais de 1999. Ese mesmo ano abandona o Senado ao remate da lexislatura e dous anos máis tarde, a media lexislatura, deixa o consistorio coruñés[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «Mi mayor frustración es que Lendoiro no haya sido alcalde de A Coruña» Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 15/10/2000.