Álvaro Pérez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Pérez López
Nacemento1973
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Pérez López, nado na Coruña en 1973, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en dereito, exercendo como avogado desde 1997 e colaborando cun despacho da capital herculina como especialista en dereito medioambiental[1]. Foi asesor técnico da Consellería de Medio Ambiente (1999-2002), foi profesor de dereito ambiental da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2002), foi asesor para asuntos parlamentarios na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (2002-2005) con Alberto Núñez Feijóo e coordinador do grupo popular no Parlamento de Galicia (2005-2009). Tras a vitoria de Núñez Feijóo en 2009 asumiu a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta (2009-2012), cesando[2] para ir no número 10 nas listas do PPdeG na provincia da Coruña nas eleccións autómicas de 2012,[3] resultando elixido pero renunciou á acta tras a toma de posesión de Núñez Feijóo para asumir de novo a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta o 14 de decembro de 2012.[4]

Notas[editar | editar a fonte]