Almirante de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando III o Santo,creador do almirantado de Castela, miniatura da catedral de Santiago.

O almirantado de Castela foi unha dignidade castelá creada no século XIII e que perdurou ata o ano 1705.

Orixes do título[editar | editar a fonte]

O Almirantado de Castela foi creado polo rei Fernando III o Santo logo da conquista de Sevilla. Este título atopábase revestido de grande autoridade, poder e preminencias que aparecen especificadas por Afonso X o Sabio na segunda Partida das Leis. Nela dicíase que quen fose elixido, había de chegar ante o rei ataviado con valiosas vestiduras de seda, recibir un anel na man dereita, en sinal da honra que se lle facía, unha espada representando o poder delegado, e un estandarte coas armas reais por acabdillamiento outorgado en representación do monarca.

O Almirante residía ordinariamente en Sevilla, por estar alí o estaleiro e ser lugar onde se armaban e organizaban as frotas e radicar alí tamén o tribunal especial marítimo. Entre as múltiples atribucións e facultades do Almirante, figuraban ter voz e voto de calidade no Consello.

O primeiro Almirante (1254) foi Ruy López de Mendoza.[1]

Durante o reinado dos tres últimos Trástamara a institución do Almirantado transfórmase: "o Almirante pasa a ser un palaciano que intriga para acrecentar as súas preeminencias".[2]

Desde 1405 ata 1705, en que este cargo desaparece, constitúese en patrimonio dos Enríquez, descendentes do infante Fadrique de Castela, fillo natural do rei Afonso XI o Xusticeiro. Don Alonso Enríquez, por concesión de Henrique III, foi o primeiro desta familia que ostentou o Almirantado.

En 1726 logo dun curto intervalo, sen haberse feito novo nomeamento de tal dignidade, Filipe V acordou non provela, e en 1737 fundiu os almirantados españois na suprema xerarquía de Almirante Xeral da Armada, concedida ao infante Don Filipe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez de Embid, Florentino: El Almirantado de Castilla, Sevilla, 1994, páx.86 (en castelán)
  2. "Pérez de Embid, Florentino: O Almirantado de Castela, Sevilla, 1994, páx.22 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]