Ágata Lys
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Margarita García San Segundo 3 de decembro de 1953 Valladolid, España |
Morte | 12 de novembro de 2021 (67 anos) Marbella, España |
Outros nomes | Ágata Lys |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021[1], foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid e Arte Dramática en Madrid. Ao tempo que estudaba arte dramática debutou ante as cámaras de televisión como azafata del concurso Un, dos, tres... responda otra vez (1972), de TVE, onde impactou pola súa beleza e a súa voz. Non pasou desapercibida para a industria do cinema e ás poucas semanas deixou o programa para debutar no cinema.
As súas personaxes axiña quedaron marcadas pola espectacular presenza de Lys. Unha vez iniciada a transición e a normalización do cinema español despois de corenta anos de censura política e relixiosa converteuse nun mito. Tras esta etapa, en 1978 afastouse da gran pantalla, á que só volveu en contadas ocasións para colaborar en títulos como Los santos inocentes (1984), de Mario Camus, The Return of the Musketeers (1989), de Richard Lester, Taxi (1996) de Carlos Saura o Familia (1996), de Fernando León de Aranoa.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da actriz (en castelán)