Ácido homocítrico
Ácido homocítrico | |
---|---|
Ácido 2-hidroxibutano-1,2,4-tricarboxílico | |
Outros nomes Ácido homocítrico | |
Identificadores | |
Número CAS | 3562-74-1 |
PubChem | 28371 |
ChemSpider | 26392 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C7H10O7 |
Masa molar | 206,15 g mol−1 |
Aspecto | Sólido incoloro |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido homocítrico é un composto orgánico coa fórmula HOC(CO2H)(CH2CO2H)(C2H4CO2H). É un ácido tricarboxílico que aparece na natureza como compoñente do cofactor ferro-molibdeno de certos encimas nitroxenase.[1] A miúdo faise referencia a el como homocitrato, que é a base conxugada do ácido que predomina nas solucións acuosas neutras.
A molécula está relacionada co ácido cítrico pola adición dunha unidade de metileno, de aí o prefixo "homo". A diferenza do ácido cítrico, o ácido homocítrico é quiral. O ácido existe en equilibrio coa lactona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rees, Douglas C. (2002). "Greatmetalloclustersinenzymology". Annual Review of Biochemistry 71: 221–46. PMID 12045096. doi:10.1146/annurev.biochem.71.110601.135406.