Ácido galacturónico
| Ácido D-galacturónico | |
|---|---|
Ácido (2S,3R,4S,5R)-2,3,4,5-tetrahidroxi-6-oxo-hexanoico | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 685-73-4 |
| PubChem | 84740 |
| ChemSpider | 76444 |
| Número CE | 211-682-6 |
| ChEBI | CHEBI:47962 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C6H10O7 |
| Masa molecular | 194,139 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O ácido D-galacturónico é un azucre ácido derivado da D-galactosa por oxidación do grupo OH do seu carbono 6 [1]. É o principal compoñente das pectinas [2], onde pode encontrarse en forma de ácido poligalacturónico. Presenta un grupo aldehido no carbono 1 (na forma ciclada forma un hemiacetal) e un grupo carboxilo (COOH) no carbono 6 [3]. Outras formas oxidadas da D-galactosa relacionadas son o ácido D-galactónico (cun carboxilo en C1) e o ácido meso-galactárico ou ácido múcico (con dous grupos carboxilos, en C1 e C6). O ácido galacturónico é un ácido urónico ou ácido hexurónico, entre os cales os que se atopan na natureza son o ácido glicurónico, o ácido D-galacturónico, o ácido idurónico e o ácido manurónico.
Nas imaxes móstranse os isómeros alfa e beta do ácido D-galacturónico ciclado na fórmula de Haworth, e a fórmula lineal.
- Ácido α-D-galacturónico
- Ácido β-D-galacturónico
- Ácido D-galacturónico na fórmula lineal de Fischer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ChemSpider D-galacturonic acid
- ↑ Luzio, Gary A. (2004). "Determination of galacturonic acid content of pectin using a microtiter plate assay". Proc. Fla. State Hort. Soc (en inglés) 117: 416–421. Arquivado dende o orixinal
|url=incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 15 de maio de 2019. Arquivado 25 de xullo de 2013 en Wayback Machine. - ↑ PubChem compound (2S,3R,4S,5R)-2,3,4,5-tetrahydroxy-6-oxohexanoic acid
